A calor modifica os horarios da Carreira Popular de Leiro, que bate récord con 669 inscritos

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

A 42ª Carreira Popular de Leiro, que se celebrará este domingo, adaptará parte da súa programación ás altas temperaturas previstas para a fin de semana. Como medida preventiva fronte á calor, a organización decidiu adiantar o horario das categorías de promoción para evitar que as probas se desenvolvan nas horas de maior temperatura.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Deste xeito, as saídas quedan establecidas do seguinte xeito:

  • 10:00 horas: 10K, 5K e Sub18.
  • 11:15 horas: Sub14 e Sub16.
  • 11:30 horas: Sub10 e Sub12.
  • 11:40 horas: Sub8.
  • 11:50 horas: Pitufos.

A carreira chega nesta edición nun excelente momento, consolidándose como unha das citas deportivas máis destacadas da comarca e da provincia, cunha participación que volve superar todas as expectativas.

A recollida de dorsais realizarase o propio domingo desde as 8:30 horas e ata quince minutos antes do inicio de cada carreira.

Desde a organización recomendan aos participantes acudir con antelación, manter unha boa hidratación e seguir as indicacións previstas para que a xornada se desenvolva con total normalidade.

Con todo preparado e coas medidas necesarias para facer fronte ás altas temperaturas, Leiro está listo para vivir este domingo unha nova edición da súa gran festa do atletismo popular, nunha xornada que volverá reunir centos de corredores e corredoras nun ambiente de deporte, convivencia e superación.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------