A ‘Ruta dos Fornos’ anticipa mañá a celebración da ‘XXXIII Festa de Exaltación do Pan de Cea’ na xornada do domingo

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Todo preparado para a ‘XXXIII Festa de Exaltación do Pan de Cea’ que se celebra esta fin de semana. Tras a exitosa Andaina Solidaria, mañá sábado, 4 de xullo, terá lugar unha nova edición da Ruta dos Fornos, cunha previsión de cheo total de aforo, polo que tomarán parte máis de 1.000 persoas.

O domingo, 5 de xullo, terá lugar o día grande no campo da Saleta co pregón da conselleira do Mar, Marta Villaverde. Entre as autoridades presentes estarán o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; o da Deputación de Ourense, Luís Menor, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices; o delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo; o director da Axencia de Turismo de Galicia, José Manuel Merelles; o alcalde de Cea, Juan Luis Valladares; e o presidente de la I.X.P Pan de Cea, Juan Luís Rodríguez.

Unhas autoridades que comezarán a chegar ao campo da Saleta a iso das 12,00 horas. Quince minutos despois terá lugar a inauguración da exposición fotográfica “Pan de Cea” e a presentación do libro fotográfico “San Cristovo de Cea, onde o pan é Arte”, no edificio Multiusos de San Cristovo de Cea. A xornada festiva central continuará coa lectura do pregón a cargo da conselleira do Mar, Marta Villaverde,  a entrega de galardóns e o xantar tradicional ás 14,30 h. cos produtos galegos con indicativo de calidade, que xa colgou o cartel de pechado cun aforo total de 400 prazas.

A edición deste ano está dedicada ao mar de Galicia baixo o lema “O pan do mar”, unha temática reflexada no cartel oficial da festa, obra do pintor local Xosé González Freixedo “Mitra”.

O programa detallado é o seguinte:

SÁBADO 4 DE XULLO

  • 18:00 h- 22 h. Ruta dos Fornos.
  • 18:00 h- 22 h. Actuación de Maxia de Pablo Estévez, Anton Noriega e Aris Villarino.
  • 20:00 horas: Logan na Praza da Cebola
  • 22:30 horas: Queiman Folk Rock na Praza Maior
  • 0:00 horas: D´Crooners Band e a sesión Pop-Rock a cargo de DJ K4IN

DOMINGO 5 DE XULLO

  • 10:00 horas: Pasarrúas con charangas
  • 12:00 horas: Recepción de autoridades no Campo da Saleta
  • 12:15 horas: Exposición fotográfica “Pan de Cea” e presentación do libro fotográfico “San Cristovo de Cea, onde o pan é Arte”, no edificio Multiusos de San Cristovo de Cea
  • 13:00 h. Lectura de pregón e resto de actividades
  • 14:30 horas: Xantar organizado
  • 18:00 horas: Amigos do Acordeón Terras de Celanova
  • 19:15 horas: degustación de produtos do mar de balde
  • 20:30 horas: Orquestra Capitol
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------