Modificación do prezo público da comida oficial da Festa do Pulpo.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

PUBLICADO NO BOP:

NFORMACIÓN PÚBLICA DA MODIFICACIÓN DO PREZO PÚBLICO DA COMIDA OFICIAL DA FESTA
DO PULPO.
Anuncio de modificación do prezo público da comida oficial da Festa do Pulpo
A Xunta de Goberno Local do Concello do Carballiño, na sesión ordinaria de data 5 de maio de 2026, acordou modificar a Ordenanza nº 37 reguladora do prezo público da comida oficial da Festa do Pulpo, adoptando o seguinte acordo:
“Primeiro. Modificar a contía do prezo público regulado na Ordenanza nº 37, fixando o importe en 50 €/comensal.
Segundo. Publicar o presente acordo no Boletín Oficial da Provincia para o seu xeral coñecemento e efectos.
Terceiro. Determinar que o novo prezo público será de aplicación a partir do día seguinte á súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, sen prexuízo do disposto na ordenanza reguladora”.
Polo que se fai público este acordo para o seu xeral coñecemento e efectos.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------