O pasado domingo celebrouse en Boborás a VII Feira de Feás, un evento organizado polo Concello que superou todas as expectativas de participación, tal e como se reflectiu no vídeo reportaxe realizado sobre a xornada.
Durante a feira, veciños e visitantes puideron coñecer o Volume IV da Revista Anual O Foxo, que nesta edición está dedicado á historia e a vida da aldea de Borraxas. A publicación recolle tradicións, motes, relatos, fotografías e diversos artigos que repasan o pasado e o presente da parroquia. Quen desexe adquirir un exemplar poden poñerse en contacto cos membros da Comisión de Festas.

Festas do Sacro Corazón e do Niño Jesús (42.ª edición)
A última fin de semana do mes de xullo terán lugar as tradicionais Festas do Sacro Corazón e do Niño Jesús (Festa do Neno), que este ano alcanzan o seu 42.ª edición.

Programa do sábado 25 de xullo
- II Xantar Campestre: a iniciativa regresa tras o éxito da pasada edición. As entradas poden adquirirse con antelación nos establecementos colaboradores; recoméndase non deixar a compra para o último momento.
- Misa en honra ao Sacro Corazón.
- Tarde: ampla programación familiar con xogos infantís, merenda, inchables, festa da espuma e outras actividades para os máis pequenos.
- Noite: verbena amenizada polo dúo BL POP.

Programa do domingo 26 de xullo
- Festa do Niño Jesús: procesión protagonizada polos nenos portando a imaxe do Niño Jesús.
- Tarde: novas actividades infantís e, para os adultos, o tradicional concerto da Banda de Música de Celanova baixo a arboleda do Campo da Feira.
- Peche das festas: verbena nocturna a cargo da recoñecida orquestra O Combo Dominicano.









