Ribadavia acolle mañá a entrega dos premios da campaña ‘Merca no teu comercio’ que se desenvolveu no Ribeiro

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

A capital do Ribeiro acolle mañá o acto de entrega dos premios correspondentes á campaña “Merca no teu comercio”, que terá lugar ás 19,30 horas na praza da Alameda de Ribadavia.

Esta entrega de premios contará coa presenza de representantes das institucións e das entidades organizadoras, entre eles José González Vázquez conselleiro de Emprego, Comercio e Migración; Gabriel Alén Castro, director xeral de Comercio e Consumo; Marta Vázquez Guzmán, directora territorial na provincia de Ourense da Consellería de Emprego, Comercio e Migración; Beatriz Gómez Valcárcel, presidenta da Federación de Comercio de Ourense; e Primitivo González Asenjo, director da oficina de ABANCA de Ribadavia.

Neste acto entregaranse os premios da iniciativa, que se desenvolveu do 1 ao 15 de xullo nos comercios das vilas de Ribadavia, Castrelo de Miño, Arnoia, Cenlle e Leiro. Os premios suman un total de 1.000 euros repartidos en 20 tarxetas prepago de 50 euros. Estas tarxetas deberán ser empregadas polos consumidores gañadores en novas compras no comercio de proximidade local.

“Merca no teu comercio” é unha campaña de promoción e dinamización das vendas do comercio de proximidade dos municipios rurais organizada pola Federación de Comercio de Ourense, a Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia, coa colaboración de ABANCA e FEMXA.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------