Ribadavia acolleu a entrega dos premios da campaña ‘Merca no teu comercio’

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou onte na entrega dos premios da sexta campaña Merca no teu comercio da provincia de Ourense, desenvolvida entre o 1 e o 15 de xullo nos concellos de Ribadavia, Castrelo de Miño, A Arnoia, Cenlle e Leiro. A iniciativa enmárcase na colaboración da Xunta coa Federación Galega de Comercio para dinamizar o comercio de proximidade e impulsar as vendas nos establecementos locais.

Como nas restantes campañas quincenais que se están a desenvolver por toda Galicia e que se prolongarán ata o vindeiro mes de outubro, hoxe entregáronse 20 tarxetas regalo de 50 euros cada unha ás persoas gañadoras que rexistraron as súas compras na páxina web www.mercanoteucomercio.com, onde tamén se poden consultar o calendario das próximas campañas e as bases da iniciativa.

Alén subliñou a ampla capilaridade territorial e o impacto de Merca no teu comercio, que nesta edición chegará a un total de 40 localidades galegas, con dez campañas por provincia. Neste sentido, salientou que a iniciativa presta especial atención aos municipios do rural que non contan con centros comerciais abertos, contribuíndo a incentivar o consumo nos negocios de proximidade. Así mesmo, destacou o alcance da campaña, que suma xa máis de 58.000 tíckets rexistrados en toda Galicia, dos cales arredor de 11.600 corresponden á provincia de Ourense. Ao remate desta edición teranse repartido 40.000 euros en premios, distribuídos en 800 tarxetas prepago, 200 por provincia.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------