Mellora da mobilidade e seguridade viaria coa senda peonil no camiño de Santiago en Sandiás dende a aldea de Vilariño das Poldras ata Couso de Limia cun presuposto de 268.000 euros

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

As obras incluídas no proxecto  tiveron como obxecto acondicionar un tramo de 772 metros no itinerario do Camiño de Santiago-Vía da Prata que discorre a través do Concello de Sandiás desde a aldea de Vilariño das Poldras ata  a entrada do núcleo urbano da aldea de Couso de Limia creando unha senda exclusivamente peonil pola marxe dereita e  paralela á estrada provincial OU 1116 para evitar que os peregrinos percorran este tramo  co risco de seguridade viaria que conleva nunha vía de intensidade media de circulación de vehículos e persoas.

A Axencia Turismo de Galicia (Xacobeo) da Xunta de Galicia financia o proxecto na súa totalidade cun presuposto de 268.000 euros.  A empresa adxudicataria que levou a cabo as obras foi EXPLOTACIÓNS MEDIOAMBIENTAIS. S.L.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


O pavimento nalgúns lugares púxose de lastras de granito e noutros de formigón en capa e reforzado con mallazo. Tamén cunha senda cuneta con vértice próximo ao peche e noiro tendido desde a estrada con sumidoiros e colector baixo a senda nos tramos que o precisen. Proxectouse dispor tamén de fitos cilíndricos flexibles como elementos de balizamento entre a estrada e a senda para reforzar a separación do tráfico peonil e de vehículos. En determinados tramos creáronse muros de soporte de pedra con varanda metálica e unha liña de céspede como elemento decorativo para minimizar a convivencia da peregrinaxe coas vías nas que pasan vehículos a motor ao longo do tramo da senda.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------