O obradoiro vigués, fundado por Gabriel e actualmente rexentado polo seu fillo Ángel, viaxará a Bilbao os días 13 e 14 de setembro para recibir este recoñecemento nacional*
A Panadería Travesía de Vigo foi recoñecida cunha Estrella Dir-Informática da Panadería dentro do certame “50 Panader@s Top de España 2026”, unha distinción que pon en valor a excelencia profesional, a calidade das elaboracións e o compromiso co oficio panadeiro.
O recoñecemento foi comunicado oficialmente a Ángel, actual responsable da panadería, tras a valoración realizada polo xurado do concurso. A distinción destaca a traxectoria do establecemento e o traballo desenvolvido no seu obradoiro, así como a súa contribución a engrandecer o sector da panadería artesanal.
A entrega oficial das Estrelas terá lugar no marco do Global Forum Bakery Bilbao, que se celebrará os próximos 13 e 14 de setembro de 2026. O encontro reunirá a profesionais do sector panadeiro de toda España e contará con mesas redondas, relatorios e actos de recoñecemento aos panadeiros distinguidos.
Enlace a páxina web da Panaadería Travesía de Vigo ( Premer na Imaxe):

Unha panadería con historia familiar
A historia de Panadería Travesía de Vigo está ligada ao esforzo, a tradición e a remuda xeracional. O establecemento foi fundado por Gabriel Ángel Lopez Varela xunto ca súa dona Marisol Vazquez González , quenes puxeron os cimentos dun proxecto baseado no traballo diario, o respecto polo pan e a proximidade coa clientela.
Hoxe, o seu fillo Ángel López Vázquez, continúa a cargo do negocio, mantendo vivo ese legado familiar e adaptándoo aos novos tempos, sen perder a esencia do oficio. Este recoñecemento supón un impulso para unha panadería que forma parte do día a día de moitos veciños e que agora ve recoñecido o seu traballo a nivel nacional.
Recoñecemento á excelencia panadeira
Segundo a comunicación recibida pola organización do certame, a Estrella concedida a Ángel recoñece:
- A súa excelencia profesional.
- A calidade das súas elaboracións.
- O seu compromiso co oficio panadeiro.
- A traxectoria e o traballo desenvolvido na súa panadería.
- A súa achega ao prestixio da panadería en España.
O evento 50 Panader@s Top de España 2026 forma parte dunha iniciativa que busca visibilizar aos profesionais que, desde os seus obradoiros, contribúen a manter vivo e evolucionar un dos oficios máis tradicionais e esenciais.
Cita en Bilbao
A entrega das distincións celebrarase durante o Bilbao Global Bakery, un foro profesional dedicado ao mundo do pan e a panadería. Baixo o lema de encontro e recoñecemento ao sector, a cita reunirá a panadeiros, expertos, empresas e representantes da industria.
No programa previsto para os días 13 e 14 de setembro, figuran actividades como mesas redondas, relatorios especializados e a entrega oficial das 50 Estrelas Dir-Informática da Panadería.
Desde a propia panadería xa o resumiron con entusiasmo en redes sociais: “Imos a Bilbao”.
“Para nós é un orgullo recibir esta distinción. É un recoñecemento ao traballo diario, á historia da nosa panadería e ao legado que comezou o meu pai, Gabriel. Seguiremos traballando coa mesma ilusión, coidando cada elaboración e mantendo o compromiso cos nosos clientes e co oficio panadeiro”, sinala Ángel, actual responsable de Panadería Travesía de Vigo.


















