A Garda Civil aloxou a 18 peregrinos de Madrid en Oseira debido a falta de servizos no pavillón deportivo de Cea

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

A Oficina Móvil de Atención al Peregrino (OMAP) da Comandancia da Garda Civil de Ourense viuse, o martes pasado, na necesidade de aloxar no albergue do Mosteiro de Oseira a un total de 18 peregrinos madrileños que facían o Camiño Xacobeo.

Foi o pasado día 4 de agosto, cando os axentes da Benemérita adscritos a esta Oficina se atopaban prestando servizo no Camiño de Santiago, na zona do municipio de San Cristovo de Cea, tiveron coñecemento de que un grupo de 18 persoas procedentes da localidade de Xetafe (Madrid), tiveran que ser derivadas dende o albergue de peregrinos de Cea ao pavillón polideportivo municipal da localidade, debido á saturación deste centro de aloxamento.

Os axentes trasladáronse ao pavillón co obxectivo de interesarse pola situación dos peregrinos, quenes manifestaron que as condicións deste recinto deportivo non estaban adaptadas para a pernocta, xa que carecía de colchonetas, e tamén para o aseo persoal. Ante esta situación, a Garda Civil procedeu a xestionar para estas persoas o aloxamento no albergue anexo ao Mosteiro de Oseira, ademais de trasladalas ata o mesmo no seu vehículo.

Finalmente, os 18 peregrinos poideron quedar instalados no albergue de Oseira en condicións idóneas para o seu descanso e aseo, e así ter a oportunidade de continuar a súa peregrinaxe cara Santiago de Compostela.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------