“Diálogo con lo invisible”, a loita e a superación persoal como punto de inflexión na perspectiva da discapacidade

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O aforo do salón de actos do Aparthotel Arenteiro quedouse cativo na tarde do xoves para acoller a presentación do libro “Diálogo con lo invisible”, debido a expectación e o interese que espertou a convocatoria, que atraxo non só á veciñanza do Carballiño, senón tamén a persoas chegadas dende outros puntos da provincia.

O escritor e crítico cinematográfico Miguel Anxo Fernández foi o encargado de introducir algúns detalles dos autores do libro, os tamén carballiñeses José Manuel Prado e Marina Ortega, e tamén dar lectura a unha escolma de reflexións que figuran no texto da publicación. A proposta de Prado, paralítico cerebral e ex atleta olímpico, e de Ortega, psicóloga sanitaria e forense, trasládanos nunha viaxe íntima e emocionante ás vivencias, incógnitas e desafíos que unha persoa con discapacidade ten que afrontar na sociedade actual.

Nas páxinas do libro, José Manuel e Marina falan das relacións afectivo-sexuais dunha persoa con discapacidade, as súas necesidades e os atrancos que atopa, establecendo un diálogo con preguntas e respostas e a análise das correspondentes conclusións. Unha visión do vivir diario dunha persoa con discapacidade, José Manuel, dende a súa perspectiva e co obxectivo de tentar que o lector se poña no seu lugar e coñeza a súa realidade e os problemas aos que se enfronta no seu día a día.

Marina Ortega salientou a capacidade de “loitador” de José Manuel, que ao longo da publicación conta anécdotas de situacións vividas, de xeito que o humor e o drama mestúranse de xeito contínuo na contorna dunha sociedade que tende a “infantilizar” ás persoas con discapacidade.

Todo elo dende o punto de vista de José Manuel e a súa traxectoria e experiencia, que marca un punto de inflexión fronte a súa propia contorna social. E él mesmo, durante la presentacion, transmitíu a súa idea fundamental: “Ojalá este libro sirva de ayuda a aquellas personas que están atravesando una etapa difícil en su vida, porque la superación es posible”.

Ao remate do acto, José Manuel y Marina firmaron ejemplares de “Diálogo con lo invisible” aos asistentes, que souberon recoñecer cos seus aplausos a calidade humana dos seus autores.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------