A Garda Civil de Tráfico viuse na obriga esta tarde de prohibir a circulación vial no punto quilométrico 65 da autovía Dozón-Ourense (AG-53), no termo municipal de Piñor, debido ao incendio dun autocar.
---------------------------------------------------------------------------------------------------------
O suceso ocorreu ao fío das 17,55 horas, e no vehículo de transporte viaxaban 63 pasaxeiros, que puideron abandonalo sen sufrir danos persoais unha vez detectado o lume, que se propagou ata unha franxa forestal da contorna.
A pesares da actuación dos bombeiros, o lume destruíu completamente o autobús.
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------









