Un carril da autovía AG-53 permanece cortado para facilitar a retirada do autocar incendiado onte

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Esta mañá iniciáronse os traballos perinentes para a retirada do autocar que na tarde de onte domingo foi pasto das lapas na autovía AG-53 (Dozón-Ourense) á altura do municipio de Piñor. As tarefas manteñen cortada a circulación viaria no carril dereito desta vía de alta capacidade entre os puntos quilométricos 69,7 e 70,6, se ben o tráfico no carril esquerdo xa foi restablecido dende as 20,30 horas de onte.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O suceso ocorreu ao fío das 17,55 horas de onte, cando o vehículo de transporte, no que viaxaban 63 pasaxeiros, comezou a arder por motivos que se están a investigar. Os ocupantes do autocar puideron abandonalo sen sufrir danos persoais unha vez detectado o lume, que se propagou ata unha franxa forestal da contorna. Os bombeiros non puideron extinguir a tempo as lapas, que queimaron completamente toda a estrutura e o interior do autobús.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------