O Auditorio Manuel María do Carballiño recibe o próximo domingo 27 de setembro ao recoñecido actor e monologuista galego Carlos Blanco, quen presenta o seu espectáculo “A penúltima”. Sen desprenderse do seu humor e ironía habituais, o artista sobe ao escenario con esta orixinal proposta, na que combina imaxes con historias e anécdotas novas e vellas. Blanco, que xa leva meses xirando por toda Galicia, regresa ao Carballiño con esta “penúltima” función coa promesa de facer desfrutar ao público.
“Convidamos á poboación a que desfrute desta proposta humorística da man de Carlos Blanco, un dos actores e monologuistas máis importantes do panorama galego e español”, apunta Diego Fernández, concelleiro de Cultura.
A cita arrancará ás 19,00 horas. As entradas xa se poden adquirir a través de giglon.com ou na pulpería Veracruz do Carballiño. O prezo é de 15,00 euros.


















