REFLEXIÓN SOBRE AS FESTAS DO SETEMBRO. 2026
Como asociación, así como persoas comprometidos co benestar do Carballiño, desexamos expresar a nosa valoración respecto ás festas de setembro. Esta celebración contan cunha tradición histórica de gran relevancia, onde a maioría dos veciños do Carballiño participan nelas con profunda ilusión e alegría desde hai moito tempo.
Aínda que teñen un papel económico importante para certos sectores, pensamos que as festas deberían ser unha oportunidade tamén para que os veciños as disfruten ao máximo, fomentando o encontro e a interacción entre amigos e familias, e ofrecendo actividades que se adapten a gustos variados. Desde o noso punto de vista, estas festas están a afastar aos veciños, en vez de animalos a participar activamente. En que modelo se inspiran? Seguro que non é no modelo tradicional de respecto ás nosas costumes e tradicións.
Os feitos, a maneira en que se organizan as festas e a súa programación amosan o pouco interese, moleza, e mesmo rutina e desgana, por parte do Goberno Municipal. Nos últimos tres anos, todo parece repetirse sen ningunha novidade ou vontade de mellorar. Dá a sensación de que se preparan sen moito coidado. Se isto segue así, o seguinte paso será perder as festas, como xa pasou con outras tradicións, e os veciños do Carballiño perderemos unha parte importante da nosa identidade e memoria.
As festas tamén forman parte dunha cultura única e especial dos carballineses, da nosa historia e das nosas lembranzas. As festas de setembro sempre foron un símbolo de identidade do Carballiño, igual que o son as doutros concellos. Entón, cal é a razón para diminuílas ou degradalas deste xeito? Estamos a camiñar cara a substituír as festas pola festa do polvo?
En definitiva, creemos que tanto o goberno municipal como a sociedade do Carballiño deberían crear un espazo para reflexionar sobre este tema e preparar con máis visión o programa das festas no futuro. Xa vai sendo hora de deixar atrás a rutina dos últimos anos, que pouco axuda a que as festas teñan un programa atractivo para que todos os veciños, sen importar a súa idade, poidan disfrutalas. Sen innovación e cun conservadorismo que resulta frustrante. Enchemos as festas de orquestras, que gustan a unha parte da sociedade, pero deixamos fóra outras actividades que antes formaban parte da tradición e que traían bos recordos para todos, como os cabezudos, as bandas de música, os grupos de gaitas, os concertos de folk galego, de rock, as fantásticas músicas do noso veciño Portugal, os cantautores, guiñol para nenos, corridas de sacos, xogos de chave, cines, o pregón, a participación dos grupos musicais do concello e da comarca, así como as danzas e cantos. A festa da poesía que nos deixou escrita Xosé Fariñas Gamardo no libro de festas do ano 1984 “…significou un reaxir e un espallamento cultural, dirixido mesmo á entraña do pobo que recolléu goiosamente a mensaxe poética envolta na xolda das cancións….” E que dicir dos libros das festas, que cos seus artigos tanto nos fixeron coñecer o Carballiño. Todo isto representábanos como comunidade. Estas actividades formaban parte das festas do Carballiño, pero hoxe xa non están presentes. Por que? Que criterios se usan para deixar fóra estas propostas, que custan menos que outras? En resumo, queremos festas que reflictan o que somos cultural e musicalmente, festas nas que os veciños participen, e non celebracións feitas ao chou, moitas veces sen sentido nin rumbo.
Este sistema para organizar as festas está a perder atractivo porque non consegue que os veciños se animen de verdade a participar. Cambia a forma en que a xente se comporta e sente respecto ás festas, pero non se está a pensar realmente en facelas máis interesantes e, por iso, con máis participación. Abofé, nos consideramos que non deben ser só un espectáculo de consumismo. As institucións tamén teñen a responsabilidade de axudar a que as festas sexan máis vivas e representativas do que somos, dos nosos símbolos musicais, e non só baseadas en bruídos ou en actos que, ás veces, non teñen bo gusto. Creemos que sería mellor ser máis selectivos e ofrecer opcións máis variadas para animar a todos os veciños. Abrir a súa programación a participación das asociacións e persoas interesadas, socializalas. Tamén sería necesario cambiar os lugares onde se fan as actividades. Por exemplo, preguntámonos por que as atraccións non están xuntas e por que en moitos puntos do Carballiño non se nota nada das festas.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
En resumo, pensamos que nos están cambiando hábitos e prácticas que antes nos enriquecían como sociedade por outros que nos afastan da nosa cultura e identidade como carballineses e galegos. Están a perderse costumes saudables e valiosas, como o uso das bandas de música, a música galega e os cantos en galego. Nós non compartimos estes valores e ideas que, ao noso ver, nos fan máis insensibles e apáticos a todo o que nos rodea.
Asociación da Memoria da Castela Galega

















