Este venres, día 2 de outubro, o Cine Club Carballiño proxecta a película británica Incontrolable, número un en Gran Bretaña durante varias semanas e un éxito de público e de crítica en toda Europa.
Dirixida por Kirk Jones, conta a historia de John Davidson, diagnosticado con síndrome de Tourette aos 15 anos e sinalado coma tolo polos seus compañeiros. John loitou contra unha condición que poucos coñecían. Xa de adulto, fixo campaña a favor de persoas que tiñan o seu mesmo problema.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
O filme conta cunha magnífica interpretación de Robert Aramayo, recoñecida con numerosos premios (BAFTA e BIFI).
Os pases serán ás 20:00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22:30 horas en VOS, no Auditorio Manuel María do Carballiño.
Un saúdo e moitas grazas pola vosa colaboración.
















