O Grupo municipal do BNG amósase contrario a reeditar o gasto de 10 millóns de euros proposto polo Alcalde, “o BNG non vai permitir que Jácome utilice cartos públicos para mercar votos, xa o fixo unha vez enganándonos a todas e a todos e non lle imos permitir que o faga por segunda vez”
Ourense, 07 de outubro de 2026. Logo de que o Goberno local remitira na tarde de hoxe aos Grupos municipais, a documentación relativa a reedición do denominado no seu día “bono comercio” e no que está previsto gastar 10 millóns de euros, o BNG xa adianta, tal e como xa fixera o seu Portavoz e Candidato á Alcaldía Luís Seara nun Pleno recente, que non apoiarán a proposta.
Seara sinala que “é bo aprender das experiencias e neste caso nós témolo moi claro” e engade, “no mandato pasado apoiamos a proposta pese a que non nos gustaba o seu formato e pese a ter presentado unha proposta de bases reguladoras que foi igualmente rexeitada e as consecuencias vímolas todas e todos”.
A Formación nacionalista ten claro cales son os verdadeiros obxectivos do Alcalde. “A Jácome o comercio local non lle importa o máis mínimo e a proba está en que non ten adoptado ningunha medida de apoio ao mesmo no que vai de mandato, o que pretende é mercar votos a conta dos cartos públicos, nada máis e nada menos que dilapidando 10 millóns de euros”



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
O Portavoz e candidato nacionalista conclúe afirmando que “o BNG non vai permitir que Jácome utilice cartos públicos para mercar votos, xa o fixo unha vez enganándonos a todas e a todos e non lle imos permitir que o faga por segunda vez”.

















