XIX Mostra de Teatro Amador “Terras do Orcellón”: Sesións para domingo e luns

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

XIX Mostra de Teatro Amador “Terras do Orcellón”

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Información das dúas próximas representacións da XIX Mostra de Teatro Amador “Terras do Orcellón”, que botou a andar o pasado domingo 4 de outubro.

O domingo 11 de outubro, o grupo de teatro de Corcubión Farándula Velutina achegarase ao Carballiño para representar a comedia MAMÁ!, que amosará as relacións profundas e complexas entre nais e fillas, explorando os matices e as arestas destas relacións a través de nove divertidas historias: “Unha por papá”, “Teño algo que dicirche”, “Ti sabes a hora que é?”, “Algo malo”, “Lei de vida”, “A merendar”, “Eu non quero xogar máis”, “O poder do símbolo” e “Unha preciosa nena”. Nelas, nais e fillas se insultan, se respectan, se apertan, se pelexan, se buscan, se distancian, se ignoran, se coidan, se odian e, por suposto, se queren. Unha comedia escura e tenra para toda a familia (nais e fillas incluídas).

E ao día seguinte, o luns 12 de outubro, serán as actrices de Teatro Pesadelo, de Sarandón-Vedra, as responsables de poñer en escena XA É HORA, para traernos a historia dunha actriz fracasada que agarda tras o pano o inicio da función. Pero unha visita inesperada, absurda e misteriosa fará que todo o mundo da nosa protagonista dea un xiro brutal. Unha nova comedia de Teatro Pesadelo que escarva nas miserias humanas e nas precarias condicións das actrices e actores do noso país.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------