Ourense, 15 de outubro de 2026.
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, mantivo no Pazo Provincial unha reunión de traballo co presidente da Fundación Otero Pedrayo, Eduardo Pereira, na que repasaron as liñas de colaboración que manteñen ambas institucións, destacando o papel da Fundación no mapa cultural ourensán.
Durante o encontro analizaron as actividades que se están a realizar con motivo do Ano Oteriano perfilando as accións que se levarán a cabo neste tramo final do ano, cuxos detalles técnicos e organizativos se darán a coñecer proximamente.
Así mesmo, a xuntanza serviu para examinar a colaboración económica da Deputación de Ourense á entidade, así como para estudar as necesidades técnicas que ten dita Fundación co obxectivo de garantir o correcto funcionamento da mesma e a cobertura das súas actividades ordinarias de conservación e difusión patrimonial.

















