Ribeiro en Común pide que se amplie o Plan de Axudas do Concello

Ribeiro en Común pide que se amplie o Plan de Axudas do Concello a Parados sen prestacións e a familias sen ingresos.

Ribeiro en Común propón un bono de compra no comercio local para parados.

AVANTAR ACTIVIDADES

O obxectivo que se marca Ribeiro en Común é dobre: por un lado axudar a aqueles veciños que máis o precisan nestes duros momentos, por outro lado estimular o comercio local e o consumo en Ribadavia xusto no momento no que os autónomos comezarán a reactivar a súa actividade.


O goberno local recortou e eliminou partes moi importantes da nosa Moción presentada fai un mes e na proposta que vai ser debatida mañá non incluíu o noso Plan Social de axudas a parados.

Ademais, Ribeiro en Común está á espera de que nos respondan sobre a proposta rexistrada polo noso grupo para que se dupliquen as axudas a autónomos de 300 a 600 euros, e que o reparto e adxudicación sexa progresivo en base ás súas necesidades.

Como anunciamos onte, solicitamos que se aumente a partida de 100.000 euros a 180.000 euros que o noso grupo propón e as axudas pasen de 300 a 600 euros. Ribeiro en Común sempre defendeu que estas axudas tiñan que ser para aqueles autónomos que máis o necesita, e priorizar aquelas familias onde o negocio autónomo é o único ingreso.

Polo tanto, Ribeiro en Común considera que debe ser unha axuda con dúas liñas, un de autónomos, e outra para parados e paradas que non teñan ningunha prestación e cuxa situación na unidade familiar é de non contar con ingresos.

Ribeiro en Común propón que esta ampliación de crédito debe vir de reducir partidas de eventos deportivos e festivos que non se van celebrar, ou de obras que agora mesmo non son prioritarias e cuxas cantidades hai que destinar a solventar a crise.

Unha das medidas que propoñemos para axudar aos Parados sen prestación é crear un bono de 300 euros para comprar e consumir produtos de primeira necesidade no comercio local, ou pagar facturas de primeira necesidade como luz e auga.

Non podemos comprender que nunha situación de crise tan grave desde o Concello se destine diñeiro público a axudas lineais que non teñen en conta nin a renda de autónomos e parados nin a súa capacidade económica.

Desexamos que se teñan en conta as nosas peticións para que estas axudas poidan saír adiante no Pleno.