Pasa a disposición xudicial a muller do Irixo investigada por roubos de xoias en igrexas

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Garda Civil de Lalín detivo esta semana a unha familia do Irixo que estaba sendo investigada por varios roubos de xoias en igrexas. A muller, nada no Irixo, pasou hoxe a disposición xudicial, mentres que o marido e dúas das fillas foron postos en liberdade logo de tomarlles declaración; a outra das fillas atópase nun centro de menores en Ourense.

A operación, coñecida co nome de Oratoria, poñíase en marcha xa o pasado ano, cando na primaveira a Policía Xudicial da Garda Civil puxo en marcha un operativo de vixilancia a esta familia tralas probas recabadas que inducían á súa culpabilidade. Comezaron con seguimentos á muller, con balizas no seu vehículo e pinchando o seu teléfono móvil, ó tratarse da presunta cabecilla.

COMERCIAL ORCELLÓN

Os roubos consistían na substracción de xoias en igrexas en diferentes puntos de Galicia, que posteriormente eran vendidas. Os rexistros dentro da operación policial leváronse a cabo nunha vivenda no lugar de Bugalleira, no Irixo, onde tamén foi detida esta familia. Os primeiros roubos, que foron os que deron lugar á investigación, poducíronse en igrexas da zona, como por exemplo as igrexas de Lalín, Rodeiro e A Estrada; tamén houbo outros en Ribadavia, Amil, Chantada ou Cambados. Algúns deles leváronse a cabo polas noites, cando os templos estaban pechados, mentres que outros efectuáronse de día, aproveitando procesións e outras celebracións relixiosas.

Segundo a taxación estimada feita pola Garda Civil, os bens substraídos poderían alcanzar o valor de 170.000 euros. En canto ós investigados, cargaban na súa conta bancaria o diñeiro recibido pola venda dos obxectos de xeito fraccionado. A partida de maior valor que ingresaron foi de 4.000 euros.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------