Espazo Común alerta dunha nova multa polo estado das depuradoras

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A formación de Espazo Común do Carballiño critica de novo a situación das depuradoras. Faino agora a través dun comunicado no que aseguran que o concello deberá facer fronte a unha nova multa. O comunicado é o seguinte:

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

“O Concello do Carballiño, ou máis ben o seu goberno do PSOE, segue tirando ao lixo moreas de cartos que poderían ser empregados para a cobertura de moitas necesidades básicas que hai sen atender por todo o pobo.

Despois de pagar só hai uns meses 240.000 € de canon por verquidos sen autorizar dende a depuradora do Carrás ao río, a maiores dun bo número de sancións menores; agora vemos con estupor como se seguen sumando euros a esta cifra.

En datas pasadas o alcalde Fumega asinou dous decretos recoñecendo a culpabilidade dos feitos denunciados pola Gardería Fluvial da Confederación Hidrográfica Miño-Sil por unha banda e por axentes da Policía Autonómica por outra e asumindo o pago dun total de 24.116,05 €.

Resulta imperdoable que esto siga a acontecer despois de tanto tempo sendo coñecedores do problema. Espazo Común leva dende o ano 2018 advertindo pleno tras pleno da urxencia de legalizar a EDAR do Carrás e de acometer arranxos na de Godás. Pero, coma sempre, os “responsables” do goberno municipal fixeron oídos xordos e agora, todos pagamos as consecuencias.

O desleixo leva custado 300.000 € ao peto de tódolos veciños, dos que gran parte se podería ter aforrado só con facer en tempo e forma o que agora se tenta facer á desesperada.

Un lamentable caso máis de pésima xestión que ten consecuencias directas nas arcas do Concello e do que, por agora, ninguén se fixo responsable”.

PUBLICIDADE