Galicia supera os 1.200 casos activos, sumando 136 contaxios nas últimas 24 horas

IES CHAMOSO LAMAS

A comunidade galega rexistra hoxe 136 contaxios, un ritmo de novos positivos que se incrementa lixeiramente. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 1.285, máis de 300 casos nesta fin de semana. A ocupación das camas dos hospitais presenta un equilibrio. Do total de pacientes positivos en Galicia, 9 (-2) están en UCI e 44 (+7) en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 20 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais chegan ata os 295 casos activos, 40 máis ca onte. Os hospitais hoxe presentan 13 (-1) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 2 (=)  na UCI.