Aberto o prazo para solicitar as axudas a asociacións de comerciantes da provincia do Inorde

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

As bases desta convocatoria, publicadas no Boletín Oficial da Provincia o día 18 de febreiro, regulan a tramitación e concesión de subvencións para o financiamento de accións de dinamización e promoción do comercio local realizadas por ditas entidades ou por asociacións empresariais municipais ou comarcais da provincia das que formen parte comerciantes

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ourense, 22 de febreiro de 2023.- O Boletín Oficial da Provincia publicaba, o pasado 18 de febreiro, as bases reguladoras da convocatoria de axudas para o financiamento de accións de dinamización e promoción do comercio local realizadas por asociacións de comerciantes e tamén por asociacións empresariais municipais ou comarcais da provincia de Ourense das que formen parte comerciantes durante o ano 2023.

Esta convocatoria, posta en marcha por primeira vez polo Inorde o ano pasado, pretende “colaborar coas demandas das asociacións da provincia para apoialas no desenvolvemento das súas actividades que contribúen a reactivar o comercio de proximidade. Ademais, este tipo de iniciativas, fortalece o propio asociacionismo como ferramenta para impulsar a cooperación, tanto público-privada, como a do sector entre si”, lembrou o presidente do Inorde, Rosendo Fernández.

Segundo as bases, consideraranse accións de dinamización e promoción do comercio local, entre outras, as exposicións e certames orientados á comercialización de produtos locais e ás campañas dirixidas á captación de socios e potenciais clientes. Cada entidade interesada presentará un único proxecto relativo a unha acción ou a un conxunto de accións. En todo caso, só poderán ser obxecto de subvención os proxectos cuxo orzamento sexa, como mínimo, de 4.000 euros, sendo o importe total máximo do proxecto de 15.000 euros. A contía da axuda pode alcanzar ata o 80% do investimento, non podendo superar os 12.000 euros.

Os interesados en participar en dita convocatoria xa poden presentar a súa solicitude ata o 23 de marzo de 2023. As solicitudes, subscritas polo representante legal da entidade interesada, serán dirixidas á Presidencia do Inorde, presentaranse de forma telemática, a través do Rexistro Xeral da sede electrónica da Deputación de Ourense, (https://sede.depourense.es/), a través do catálogo de trámites do rexistro electrónico, no que se utilizará o trámite denominado “solicitude de propósito xeral”.

Para máis información: https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=41&fecha=20230218