Belén Artesán en Maside con mais de 2500 pezas

A Asociación Casa Aberta de Maside acolle este ano tamén a belenista Dª. María Jesús Nóvoa Fernández, co seu Belén Artesán, con preto de 90 m2 de exposición e as mais de 2.500 pezas, das que descontando algunhas figuras, todo o demais está feito aproveitando materiais reciclados.


Ao carón do belén ao igual co ano pasado expóñense tamén edificios emblemáticos de Maside coma a o antigo Grupo Escolar, sede actual da Asociación Casa Aberta ou a Casa Grande da Praza de Maside, a Igrexa Parroquial e o Concello de Maside, e coma novidade deste ano 2021 está o Cuartel da Garda Civil, onde se atopa actualmente o centro médico masidao.
Entre as pezas novas realizadas este ano están entre outras, a Clínica Veterinaria CLINICAN do Carballiño, a reloxaría ESPA QUARZ, o ESTANCO Nº 5, a FERRATERÍA BOTANA, e a destacar tamén a gran cantidade de cepas que se atopan este ano no Belén, vamos como se nos atoparamos no corazón do Ribeiro.

AVANTAR ACTIVIDADES

A inauguración será este sábado día 25 de decembro, cun horario de 16h. a 19h. ata o 6 de xaneiro de 2022.

Encantaríanos recibir a vosa visita coa idea de que podades desfrutar dun belén de Nadal artesán destas dimensións, exposto xa por sétimo ano consecutivo en Maside, e que con todas as novidades deste ano leva as trazas de chegar a ser un dos mais interesantes de Galicia no seu xénero.


VIDEO SPOT MASIDE en BADAL TV