O Servizo de Orientación Laboral do concello atende a unha vintena de persoas cada día

O Concello do Carballiño continúa apostando pola mellora da empregabilidade da veciñanza co servizo de Orientación Laboral dende hai máis de 6 anos. Deste xeito, pon a disposición dos veciños e veciñas da Comarca un asesoramento personalizado na súa busca de emprego, atendendo unha media de 20 persoas diarias, cifra que vai en aumento.

Dito servizo de orientación consta de dúas vertentes, por un lado atender ás persoas citadas polo Servizo Público de Emprego de Galicia, ás cales, se lles ofrece asesoramento para unha procura activa de emprego: definición do currículo vitae, preparación de entrevistas de selección ou elaboración e organización dunha axenda de busca de traballo, así como, desenrolar itinerarios personalizados de inserción. En resumo, contribuír a mellorar as competencias persoais, profesionais e coñecementos da poboación activa. O período que abrangue ao último trimestre do 2021 e o primeiro trimestre do 2022 atendéronse no servizo unha media de 1.090 persoas.

AVANTAR ACTIVIDADES

Por outra banda, o servizo está aberto a calquera persoa que precise información e asesoramento personalizado no eido sociolaboral, contando co apoio do persoal orientador na tarefa de busca de emprego e acompañamento para a inserción o mercado laboral. Ademais, o servizo conta cunha bolsa de emprego, na cal, as persoas interesadas poden presentar a súa solicitude de inscrición e aportar o currículo vitae, feito que se reflexa na incorporación de 112 novas altas.

A finalidade de dita bolsa é o cruce destas candidaturas coas ofertas de emprego xestionadas directamente polo servizo de orientación laboral deste concello. Nos últimos seis meses, xestionáronse un total de 21 ofertas de diferentes sectores profesionais: hostalaría (camareiro/a, pinche de cociña, cociñeiro/a, lavalouzas…), atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, condutores de camións, dependentes de comercio, asesores comerciais de seguros e esteticistas. No eido industrial, os perfís máis demandados foron os de gruista, carretilleiro, soldadores/as, cerralleiros/as, carpinteiro metálico, mozos/as de almacén, peóns de envasado e operarios/as de alimentación.

Asemade, o Concello conta coa colaboración de varias Empresas de Traballo Temporal como son Nexo 8, Adecco, Nortempo ou Eurofirms entre outras. As anteriores, engádese varias empresas da Comarca. Todo isto, contribúe a mellorar a inserción laboral dos/as usuarios/as. As persoas usuarias do servizo, que o solicitan, facilítaselle listados de ET´S, entidades que imparten formación axeitada aos seus perfís profesionais ou demandas, facendo na medida do posible un seguimento personalizado do camiño que percorren na loita cara a inserción sociolaboral.

Cabe subliñar que no último seguimento realizado por este servizo, un total de 60 persoas atoparon emprego entre o último trimestre do 2021 e o primeiro trimestre do 2022, entre os que se inclúen 10 alumnos/as do curso de “Soldadura MIG-MAG”. Este levouse a cabo nos meses de decembro do 2021 e xaneiro do 2022 con fondos propios do concello, a través da Concellería de Industria, Emprego e Dinamización Turística, impartido pola empresa Quick up, especializada en formación industrial para o emprego e coa colaboración de GRI Towers Galicia.

Engadir que, o Servizo de Orientación Laboral conta ademais cunha páxina de Facebook pública denominada “Servizo de Orientación Laboral – Concello do Carballiño”, onde diariamente se realizan tarefas de difusión de ofertas de emprego así como o procedemento para inscribirse nas mesmas, debido a que, son ofertas externas ao noso servizo. Tamén se comparte outra información de interese vencellada á formación e ao mercado laboral. Ademais, todos os venres publícase o Boletín de Ofertas de Emprego onde quedan recollidas todas as vacantes atopadas ao longo da semana. Dito boletín é enviado por correo electrónico a todos/as os/as usuarios/as da Bolsa de Emprego.

Finalmente, resaltar a tarefa que dende o Servizo de Orientación Laboral se está levando a cabo na asistencia e axuda a todas as persoas para cubrir diferentes instancias e/ou solicitudes relacionadas co emprego e/ou a formación. Nas últimas semanas, estase a dar apoio para a encher a solicitude das Competencias Clave, rematando o prazo de presentación o vindeiro 7 de abril do 2022. Nesta liña, prevese a programación dun curso preparatorio para o exame das competencias clave que se financiará con fondos propios, e no que están interesados ó arredor 28 persoas.

O Concello do Carballiño e a Concellería de Industria, Emprego e Dinamización Turística fai un análise positivo do servizo de orientación laboral, expresando o seu compromiso e aposta pola inserción sociolaboral e polo crecemento económico do municipio.

  • SERVIZO DE ORIENTACIÓN LABORAL CONCELLO DO CARBALLIÑO
    Praza Maior nº1 – O Carballiño
    Teléfono: 662920641- 617851309 E-mail: emprego@carballino.gal