Manuel Baltar: “Estamos preparados para un gran triunfo o 28-M, antesala da vitoria nas eleccións xerais que determinarán a presidencia do ourensán Alberto Núñez Feijóo”

---------------------------------------------------------------------------------------------------------
  • Despois de asistir ao Comité Executivo Nacional do PP, o presidente provincial do PPdeOU puxo en valor o traballo realizado na planificación do 28-M: “Somos a formación coa maior capilaridade territorial e a máis próxima aos veciños, que atopan en nós a unha ferramenta coa capacidade para transformar os territorios dende os gobernos”
  • Manuel Baltar destaca o “gran equipo” do Partido Popular, “plural e con atractivo para seguir sumando talento, incorporando a persoas con capacidade para ampliar a base social deste gran proxecto político”
  • “Este é un partido perfectamente engraxado e conectado coa sociedade, en disposición de gobernar España nos vindeiros anos do século XXI”, remarca o presidente provincial do PPdeOU, “e dende Ourense contribuiremos cun gran resultado tanto nos comicios locais como nas eleccións xerais”

13, marzo, 2023. O presidente provincial do PPdeOU, Manuel Baltar, participou esta mañá en Madrid na reunión do Comité Executivo Nacional do PP, presidida polo presidente nacional, Alberto Núñez Feijóo. 

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Despois da reunión, Manuel Baltar sinalou que o PP “está preparado para un gran triunfo nas eleccións municipais do 28 de maio, antesala da vitoria nos comicios xerais que determinarán a presidencia do Goberno de España para un ourensán como Alberto Núñez Feijóo”. 

O presidente provincial puxo en valor o traballo e a planificación realizada polo Partido Popular de cara ao 28-M: “Somos a formación política coa maior capilaridade territorial e a máis próxima aos veciños, que atopan en nós o que somos, unha ferramenta de progreso coa capacidade e o músculo para transformar os territorios dende os gobernos”.  

Manuel Baltar destaca o “gran equipo” do Partido Popular, “plural e con atractivo para seguir sumando talento, incorporando a persoas con capacidade para ampliar a base social deste proxecto político”. E deu os parabéns polos seus nomeamentos dentro do Comité Executivo Nacional, aprobados esta mañá a proposta do presidente nacional, a Carmen Fúnez -nova vicesecretaria de Políticas Sociales e Reto Demográfico-, Borja Sémper -novo vicesecretario de Cultura e Sociedade Aberta- e Carmen Navarro -nova vicesecretaria de Estudos-. 

“Este é un partido perfectamente engraxado e conectado coa sociedade, en disposición de gobernar España nos vindeiros anos do século XXI”, remarca o presidente provincial do PPdeOU, “e dende Ourense contribuiremos cun gran resultado tanto nos comicios locais como nas vindeiras eleccións xerais”. 

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------