O Campionato de Galicia de Rallyes comezou esta fin de semana en A Coruña para os dous equipos becados pola Federación Galega de Automobilismo, formados por Alexis Vieitez e Cristian Álvarez e Marcos Maceiras e Sergio Iglesias, ambos aos mandos dos Nissan Micra N5 do equipo RMC.
No caso de Vieitez e Álvarez realizaron unha proba de menos a máis, mellorando considerablemente os seus cronos ao longo da carreira, para finalizar nunha meritoria terceira posición final da Pirelli Driver Autia Top Ten B e na terceira da Gara N5 o que lles serviu para sumar uns valiosos puntos neste complexo inicio de curso nas estradas herculinas.
Na clasificación xeral da proba Vieitez e Álvarez foron oitavos clasificados da xeral e Maceiras e Igleisas, duodécimos.
Maceiras e Iglesias, pola súa banda, que plantexaban a participación en A Coruña coma unha toma de contacto co vehículo 4×4 foron acumulando quilómetros, e a pesar dalgún susto en forma de trompo, completaron a cita na sexta plaza da Pirelli Driver Autia Top Ten B e da Gara N5.
A seguinte parada do programa deportivo dos becados da FGA será no Rallye de Noia, os días 14 e 15 de abril.
Declaracións principais protagonistas:
Alexis Vieitez: “Á mañá tomámolo con cautela e un pouco de medo. Á tarde como estaba algo seco atacamos un pouco e soubemos xestionar o rally moi ben para acadar un podio no noso debut”.
Cristian Álvarez: “Comezamos de menos a más adaptándonos entre nós e co coche, todo era novo. Pese a que todo era novo, fixemos unha boa proba que fai que teñamos máis confianza para Noia”.
Marcos Maceiras: “Foi un rally máis difícil que puido vir para debutar con Nissan Micra N5. Trompeamos en tres tramos seguidos e foi todo complicado. Nos dous últimos treitos collimos confianza e corrimos xa a bo ritmo e pasámolo ben. Vainos vir ben que Noia sexa en 15 días para continuar adaptándonos ao coche”.
Sergio Iglesias: “O cambio é moi grande, pero non só por pilotaxe, tamén por notas e máis cousas. Pola tarde costounos, pero á tarde xa corrimos e desfrutamos do Nissan Micra N5. Estivemos moi cómodos durante a carreira e xa pensamos na seguinte”.









