Programa electoral de Podemos Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

UN PROGRAMA PARA UN CARBALLIÑO CON FUTURO.
PARA UN CARBALLIÑO CON PRESENTE

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O programa que leva Podemos en O Carballiño é un programa aberto, participativo e non
atomizado. Levamos medidas para mellorar a vida das xentes que residen no Carballiño.
Queremos que o Carballiño medre, que avance, que se preocupe polas demandas e necesidades da súa xente. Para que ese cambio tan necesario se produza é preciso que se tomen medidas nas que a xente sexa o que importe, e non hai mellor xeito de facelo, xustamente, cun programa aberto e participativo. Coma o noso.
Compre que as institucións, os concellos e os nosos representantes sexan conscientes das demandas da veciñanza. Que a distancia entre a sociedade e as institucións sexa inexistente. Que se renuncie aos personalismos e aos egos que crea ese desentendemento da xente polo escenario político. Un escenario que nos afecta a todas nos, no noso día a día.
É preciso para elo traballo, coherencia, xenerosidade e uns valores éticos sólidos. As promesas e as verbas téñense que ver reforzadas cos feitos e co traballo diario. E ese traballo ten que ser a súa vez consecuente co discurso dado. Non pode chegar con promesas, son preciso feitos.
E en esa liña, a xente de Podemos O Carballiño somos conscientes co futuro que se nos presenta.
Un futuro cheo de retos e de traballo. Un traballo que non será doado pois as forzas do capital comandadas polos partidos de sempre non queren que as xentes do común teñan poder político contestatario e participativo.
Somos tamén conscientes da necesaria implicación de toda a veciñanza da nosa vila, pois
xustamente somos a xente de a pe a que coñecemos perfectamente as necesidades do noso Carballiño.
Por un Carballiño con futuro.
Por un Carballiño con presente.
2
ECONOMÍA, EMPREGO E RECURSOS
• Acceso ao emprego público mediante os procesos selectivos que marca a lei e respectando os principios de mérito e capacidade.
• Organigrama municipal de traballo dentro do concello do Carballiño para unha maior
eficacia e eficiencia nas distintas áreas.
• Pago inmediato das débedas do Concello de O Carballiño con empresas e autónomos,
garantindo asemade que os pagos de facturas sexan dentro dos prazos que indica a lei.
• Ampliación das distintas brigadas en base as necesidades das mesmas.
• Contratación de persoal para a limpeza e mantemento dos montes do noso concello, dando emprego a persoas desempregadas de O Carballiño.
• Bonificacións para persoas autónomas e PEMES das seguintes actividades:
Actividades para a recuperación da industria agro-alimentaria local.
Actividades que promovan a instalación e implantación de enerxías renovables.
Actividades para o fomento das industrias creativas e culturais.
Actividades para o desenvolvemento do Termalismo.
Actividades en favor da saúde pública.
Actividades para a conservación e recuperación do patrimonio natural e cultural .
Actividades para o desenvolvemento do Turismo Sostible.
Actividades para a recuperación da industria téxtil local.
Desenvolvemento da actividade forestal .
Actividades para o desenvolvemento do sector Loxístico e do Transporte.
Actividades de Investigación, Desenvolvemento e Innovación.
3
Outras actividades, debidamente xustificado o seu valor social, cultural, histórico
artístico ou de fomento do emprego.
• Subvencións, compatibles con outras das distintas administracións, para xente autónoma ou PEMEs que inicien actividade na nosa vila.
• Prioridade a hora de contratar persoal autónomo e empresas do Carballiño e contorna para a execución de obras xestionadas polo Concello asemade da compra e adquisición de outros suministros, que veñan contemplados na lei de contratos do sector público.
• Bonificacións e rebaixas no IBI e en taxas de xestión directa polo concello a
autónomos e empresas que se instalen en zonas rurais de O Carballiño.
• Ampliación e mellora do polígono industrial de A Uceira: dotar de máis terreos ao actual
polígono industrial e mellorar os servizos de comunicación dos mesmos. Xunto coas
modificacións a ordenanza fiscal reguladora do imposto do IBI que se poden presentar o
vindeiro ano, no tocante a bonificacións da cota do IBI, aos inmobles nos que se
desenvolvan actividades económicas de nova creación declaradas de interese ou utilidade
municipal por concorrer circunstancias sociais, culturais, histórico artísticas ou de fomento do emprego intentando promocionar o sector industrial no noso concello.
• Melloras no Servizo de Formación de Emprego no tocante a aproveitamento de recursos.
• Fomentar a contratación privada e os contratos de longa duración e dos colectivos máis
discriminados: xuventude, maiores de 52 anos, etc…
• Regularización de A Praza de Abastos. Ampliación de produtos e servizos da mesma:
aparcadoiro, produtos de facturación local e maior abanico de consumibles.
• Ampliación do persoal e recursos da Policía Local e Protección Civil de maneira urxente e necesaria sempre contemplando a ratio que marca a lei (1,5 por cada mil habitantes)
• Recuperación do servizo de Recadación e reorganización do persoal adscrito a dita área.
• Crear unha Oficina de asesoría enerxética con obxecto de mellorar a eficiencia enerxética tanto dos ámbitos municipais, como das empresas que se quixesen sumar ao distintos programas que existan.
• Potenciar o uso das xubilacións parciais vinculadas a contratos de substitución, tanto en
empresas públicas como participadas polo Concello, e empregar ditas figuras para manter 4 postos de traballo e facilitar o acceso á contratación indefinida do persoal unha vez terminados os mesmos.
• Potenciar o aproveitamento da zona rural. Facilitar o uso das leiras privadas non utilizadas mediante a intermediación entre ofertante e demandante de chan agrícola e gandeiro.
• Crear Plans de empregos “rurais”. Derivar recursos para facilitar a posta en marcha de
proxectos xeradores de emprego estable, con valor engadido e sostible ecoloxicamente.
• Impulsar un proceso, dialogado coa representación legal das e os traballadores e coas
seccións sindicais do Concello e do sector consolidado municipal (fundacións, padroados,
empresas públicas, etc.), que permita transformar o organigrama municipal, mellorando a coordinación de todos os servizos municipais, evitando duplicidades e permitindo unha
xestión máis eficiente dos recursos públicos (dependendo de cada concello e das propias
organizacións dos mesmos).
• Modificar a Ordenanza Fiscal que regula o Imposto de Bens Inmobles
de acordo cos seguintes criterios:
Tipo específico para Bens Inmobles de Características Especiais (BICES).
Establecemento dun tipo diferenciado para bens urbanos, excluídos os de uso
residencial, a partir dun millón de euros de valor catastral.
Recarga do IBI en caso de vivendas e locais baleiros: recarga do 50% do IBI en
todas as propiedades baleiras de persoas xurídicas, e cando o propietario sexa
persoa física e posúa catro ou máis propiedades baleiras.
• Modificar a taxa por Utilizacións Privativas ou Aproveitamentos Especiais do Subsolo,
Chan e Voo da Vía Pública e doutros Bens de Uso Público Municipal. Incrementar a cota
tributaria por cada caixeiro automático que se atope situado en liña de fachada dos
inmobles respectivos e aos que unicamente se teña acceso directo desde a vía pública.
• Modificar a taxa para as Empesas Explotadoras de Servizos de Telefonía Móbil (Taxa por
Utilización Privativa e Aproveitamentos Especiais Constituídos no Chan, Subsolo ou Voo
da Vía Pública), de forma similar á aplicada noutras cidades e que foi avalada polos
tribunais como un método adecuado para o cálculo das tarifas correspondentes.
• Crear unha Taxa por Utilización Privativa ou Aproveitamento Especial do Dominio Público Local das Instalacións de Transporte de Enerxía Eléctrica, Gas, Auga e Hidrocarburos.
5
• Introducir o principio de proporcionalidade na tributación municipal. Todo o incremento da
recadación derivado destas medidas permitiría a implantación de bonificacións a persoas
con menos recursos, fomentando a equidade e progresividade da fiscalidade municipal.
• Crear unha oficina de subvencións e convenios nominativos que mellore, axilice e
simplifique os trámites e pagos, así como dea apoio a todo tipo de entidades para coñecer e
poder optar, no seu caso, a outro tipo de subvencións doutras administracións.
RURAL
• Finalización, e revisión do acabado das mesmas, de todas as obras de saneamento do
rural. Compromiso de acometer as obras necesarias que demanden as distintas
parroquias no tocante a saneamento e alumeado, e arranxo das mesmas onde fose
preciso.
• Axudas as comunidades de montes para o mantemento e limpeza dos nosos montes en Man
Común, en cumplementación con outras axudas públicas, facilitando o concello de O
Carballiño maquinaria e persoal.
• Axuda por parte de esta corporación municipal para repoboar os montes privados e os
montes en Man Común con frondosas como fonte de seguridade e riqueza para a
veciñanza.
• Fomentar nos nosos montes outras actividades secundando a repoboación con frondosas
como poden ser as explotacións conxuntas con cultivos de setas ou/e froitos do bosque.
• Mantemento e limpeza das estradas todo o ano.
• Mellora das liñas de transporte incluíndo a comarca do Carballiño dentro da área
metropolitana de Ourense que xa acolle aos seguintes concellos: Ourense, Amoeiro,
Barbadás, Coles, Punxín, Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas e Toén.
• Aplicar dentro das competencias municipais, e exixíndollo a Xunta de Galicia, a lei
45/2007 de Desenvolvemento Sustentable do Medio Rural. Elaboración de Plan de Zonas
do rural para a comarca de O Carballiño e solicitar a inclusión nos convenios de
financiamento institucional entre a Xunta de Galiza e as distintas corporacións municipais.
• Acceso a banda ancha nas parroquias.
• Liña de financiamento a entes públicos, contratando persoas desempregadas para a
dotación de persoal ao distrito XI e os servizos de protección ambiental.
6
• Impulsar a implantación de bares-tenda nos núcleos rurais. Creamos unha liña de axudas
municipais para incentivar este tipo de establecementos, dotándoos do status municipal de
centro cultural, asociativo e de reunión veciñal.
• Asegurar o transporte escolar ás Escolas Infantís de 0 a 3 anos nas zonas rurais.
Aseguraremos o dereito ao transporte para as nenas e os nenos dos núcleos rurais de 0 a 3
anos, do mesmo xeito que no resto de tramos educativos.
• Impulsar a creación de grupos locais de produción e consumo campo cidade. Creación dun
programa municipal de apoio para á creación de grupos locais de produción e consumo de
alimentos nos que se cren relacións estables de colaboración e intercambio directo.
SANIDADE
• Melloras en canto a material e ampliación do persoal e das especialidades das que carece a
día de hoxe o noso Centro de Saúde ( ou do futuro novo Centro de Saúde).
• Facilidades de transporte ao Centro de Saúde as persoas maiores ou que non podan
trasladarse ao Carballiño.
• Melloras e ampliación de persoal no servizo de Atención Sanitaria a Domicilio.
• Reactivación do Consello Municipal de Saúde: órgano de participación que materializa
o dereito da cidadanía á saúde formulando e implementando políticas sanitarias públicas.
Mediante reunións periódicas discútense as accións e servizos de saúde do municipio.
Controla que as instalacións sanitarias sexan suficientes , estean en bo estado e conten coa
ratio necesaria de personal. Coordina os servizos sociais e a atención primaria de saúde.
Apoia e colabora coas asociacións de enfermos e familiares. Promove programas de hábitos
saudables. Recolle e trata de resolver as reclamacións dos usuarios.
• Este Consello Municipal de Saúde o integrarán tódolos usuarios da sanidade pública, ben a
título individual ou a través de asociacións veciñais, de pacientes, culturais, ecoloxistas e
empresariais cuxo ámbito de actuación esténo concello do Carballiño. Un representante por
cada grupo político con presenza na corporación municipal,Un representante do persoal
médico e outro do persoal de enfermaría do Centro de Saúde do Carballiño. Un
representante do XERGAS que pode ser a persoa responsable do Centro ou outra que
designe a administración sanitaria.
7
• Concello libre de tabaco, aplicando estritamente as leis e facendo campañas para
concienciar á poboación.
• Esixir desde o concello unha xestión eficiente das listas de espera na sanidade pública.
EDUCACIÓN E CULTURA
• Melloras urxentes na Biblioteca Municipal no tocante a:
▪ 1. LOXÍSTICA:

  1. Aumento de fondos renovados;
  2. Fora as barreiras arquitectónicas mellorando o acceso a sala de lectura as
    persoas con mobilidade reducida;
  3. Dotación de medios de lectura para persoas con problemas visuais e dotación
    de material en braille;
  4. Mellora da rede WI-FI e ampliación de medios
    informáticos e de fondos de consultas infográficos;
  5. Promoción de actividades de hábitos da lectura (case nula) tanto na sección
    adulta como na infantil;
    ▪ 2. INSTALACIÓNS:
  6. Melloras urxentes nos servizos e nas instalacións da entrada;
    2.Creación de unha sala de almacenaxe para retirada de material desclasificado;
  7. Arranxo tanto do sistema de calefacción como do de climatización e perfecto
    illamento acústico e ambiental da sala de lectura e estudio;
    • Reacondicionamento total da Casa da Cultura, onde se ubica a Biblioteca Municipal.
    • Creación do Consello Escolar Municipal, elaborando un regulamento que potencie o seu
    protagonismo e fágao activo e participativo, dotándoo de competencias que axuden á toma
    de decisións que melloren a calidade educativa no municipio.

    8
    • Impulsar formas de participación do alumnado, dotando de recursos ás asociacións xuvenís
    e estudantís.

    • Ampliar o orzamento destinado a bolsas municipais para que cubra as necesidades de
    material escolar ás que non alcanzan as partidas destinadas a tal fin pola Xunta de Galicia.

    • Incrementar a dotación económica para o apoio do alumnado e as familias en situación de
    risco de exclusión social. Creación dun banco de libros universal e gratuíto.
    • Mellorar, destinando recursos humanos e materiais suficientes, o apoio ao alumnado e as
    familias con alumnado con diversidade funcional. Este apoio farase extensivo ás
    organizacións que traballan con este alumnado.
    • Ampliación da oferta para o instituto de Formación Profesional e ciclos formativos para
    persoas maiores sempre tendo en conta as demandas das ofertas do Carballiño e a oferta de
    emprego dentro da comarca.
    • Implantación de un bono social municipal para os comedores escolares que sexa totalmente
    gratuíto para as familias con menos recursos no Carballiño.
    • Ampliación de eventos culturais tales como concertos, teatro, cine, exposicións, obradoiros
    das distintas áreas, etc.
    • Implementación e impulso das áreas das letras e das ciencias nas súas modalidades.
    • Mellora e ampliación na oferta cultural para os nenos e nenas da nosa vila mediante a
    dinamización e creación de actividades de xeito permanente.
    • Establecer mecanismos de acompañamento á escolaridade obrigatoria con actividades
    educativas de reforzo e/o de tempo libre que melloren a aprendizaxe e a socialización,
    especialmente en Secundaria.
    • Promover o uso do noso idioma en tódolos ámbitos tanto institucionais como nos actos de
    pé de rúa. Maior dinamismo na área de normalización lingüística do noso concello.
    • Impulsar actividades educativas en lugares de convivencia comunitaria como prazas,
    xardíns e parques infantís ao aire libre ao longo de todas as bisbarras do Carballiño
    aproveitando os recursos e equipamentos xa existentes con monitores que organicen e
    supervisen actividades de xogo.
    • Implementación e impulso das áreas das letras e das ciencias nas súas modalidades.
    9
    • Mellora e ampliación na oferta cultural para os nenos e nenas da nosa vila mediante a
    dinamización e creación de actividades de xeito permanente.
    • Crear un Observatorio Cultural Municipal a modo de ente participado con ampla
    representación da sociedade civil, que se encargue, con carácter vinculante, do deseño das
    directrices das políticas culturais municipais.
    • Elaborar (desde o Observatorio Cultural Municipal) un Plan Director Xeral Cultural que
    articule para o medio-longo prazo as liñas mestras (eixos estratéxicos) do modelo cultural
    de cidade que se pretende.
    • Incrementar de forma paulatina o investimento municipal en actividades culturais ata
    chegar, polo menos, ao 2 % do orzamento.
    • Creación dun catálogo/censo municipal de empresas do sector turístico, profesionais do
    turismo, empresas de restauración asociacións culturais, tradicionais e musicais, artesáns e
    artesás, talleres artesáns e tradicionais, profesionais de sectores relacionados directa ou
    indirectamente….. Onde se inclúa a súa información, datos de contacto e a información
    dos seus produtos ou servizos.
    • Promover o uso do noso idioma en tódolos ámbitos tanto institucionais como nos actos de
    pé de rúa. Maior dinamismo na área de normalización lingüística do noso concello.
    • Organización de actividades para a mocidade nas que se empregue o galego como lingua
    vehicular.
    • Facilitar recursos en galego para o seu uso por parte do comercio e da hostalería locais.
    • Creación de cursos para a veciñanza de Linguaxe Oficial de Signos (LSE e LSG) e de
    Braille.
    TURISMO
    • Creación de un Padroado de Festas aberto a colectivos e a toda a veciñanza para as
    organizacións de festas locais como a festa do Pulpo e as festas do San Cibrao.
    • Recuperación das festas das distintas parroquias.
    • Cambio do modelo atomizado e pechado dos distintos eventos, adecuando e adaptando os
    actos e a programación para que poida participar e desfrutar a maioría da veciñanza.
    10
    • Reforma do regulamento de terrazas e obriga de cumprimento da normativa
    municipal: boa convivencia entre a veciñanza e o sector hostaleiro.
    • Modernización e ampliación do servizo de Cámping e das Pallozas de O Carballiño.
    • Campamentos de verán para nenos e nenas subvencionados ata o 100% para as familias
    con menos recursos.
    • Saída a concurso do Muíño das Lousas para o seu aproveitamento.
    • Apertura das instalacións do bar-restaurante O Pote que contemple dende a
    primaveira ata o final de o outono.
    • Urxente reacondicionamento do paseo do Arenteiro.
    • Apertura e ampliación de horario e mellora na información da Oficina Municipal de
    Turismo e Reclamacións dentro da casa do Concello.
    • Creación de rutas de sendeirismo e outras actividades ao aire libre xunto con rutas guiadas
    polas principais zonas turísticas e visitas aos monumentos arquitectónicos do Carballiño e
    contorna.
    • Apostar polo turismo inclusivo, mellorando a accesibilidade aos recursos turísticos da nosa
    vila, pero tamén de recursos como son os roteiros verdes (entre outros que poidamos
    destacar dos nosos concellos).
    • Fomentar a política de atracción de congresos, experiencias gastronómicas e eventos
    deportivos para favorecer a desestacionalización do turismo.
    IGUALDADE
    • Plan Municipal para a Loita contra a Violencia Machista: orzamento propio para
    loitar contra a violencia machista e dotacións específicas para as vítimas da mesma.
    Formación e cursos informativos nas escolas e institutos e demais centros ou
    agrupacións que o soliciten. Deseño e creación de campañas de concienciación.
    • Instaurar a paridade no concello do Carballiño e dentro das posibilidades que sexa posible
    na contratación que esta corporación faga no tocante a persoal.
    11
    • Incremento nos orzamentos a partillas exclusivas para fomentar políticas de igualdade:
    apoio as asociacións de mulleres, axudas a entidades sen ánimo de lucro para o fomento da
    igualdade e incentivar plans de igualdade nas PEMEs ou plans de emprego e
    emprendemento por parte da corporación municipal.
    • Instar a outras administracións e que este concello tamén na medida das súas actuacións así
    o faga a:
    ▪ Implantación de protocolos de Asistencia Social Integral para as mulleres vítimas de
    violencia machista;
    ▪ Garantir a aplicación das medidas recollidas na LO 1/2004 no tocante a violencia
    machista contra mulleres transexuais ou transxénero;
    ▪ Garantir que as mulleres con diversidade funcionalpoidan acceder en igualdade de
    condicións a todos os recursos de información, apoio e atención para vítimas de
    violencias machistas; supresión das prácticas de esterilización e abortos forzosos a
    mulleres por motivos de diversidade funcional; impedir a retirada da custodia dos
    fillos por motivos de diversidade funcional;
    • Instaurar as medidas necesarias para a erradicación do Acoso.
    • Excluír os servizos municipais do Carballiño que atenden a situacións de prevención,
    intervención ou seguimento nos supostos de violencias machistas da limitación da taxa
    de reposición de efectivos.
    • Elaboración dun programa de atención especializada a familias monoparentais,
    encabezadas maioritariamente por mulleres e en moitos casos en situación de precariedade.
    • Garantir a perspectiva de xénero e a aplicación de informe de impacto de xénero en todos
    os procedementos municipais. En cumprimento da lexislación nacional e internacional
    vixente, o concello incorporará a perspectiva de xénero e terá en conta o seu impacto en
    todos os procedementos e proxectos municipais.
    • Crear un Programa de fomento da corresponsabilidade familiar. En colaboración cos
    centros escolares e coas administracións implicadas, desenvolveremos un programa que
    axude ás familias da cidade para ocuparse de forma corresponsable da crianza e os
    coidados
    • Desenvolver un protocolo para a concesión do título habilítante de vítima de violencia de
    xénero. En cumprimento co Convenio de Istambul e o Ditame do Pacto de Estado en
    12
    Materia de Violencia de Xénero, os concellos desenvolverán un protocolo para a concesión
    do título habilítante de vítima de violencia de xénero para aquelas mulleres que, sen
    atreverse a denunciar os malos tratos, poidan ser recoñecidas como vítimas da violencia
    machista e acceder aos servizos e prestacións municipais existentes.
    • Crear un Protocolo de Atención ás nenas e nenos vítimas de violencia de xénero.
    URBANISMO
    • Dotar de máis terreo ao actual polígono industrial e mellorar os servizos de comunicación
    co mesmo.
    • Novo Plan Xeral de Ordenamento Municipal (PXOM).
    • Reacondicionamento das zonas verdes existentes e creación de novos espazos.
    • Eliminación total de barreiras arquitectónicas que dificultan o acceso ou percorrido a xente
    con mobilidade reducida.
    • Plan de recuperación integral do Parque Municipal e posta en valor do mesmo e dos
    montes do noso concello.
    • Eliminar o “chalet das Barcias” e reacondicionar dita zona.
    • Creación de unha brigada específica de rápida actuación para obras menores e para
    arranxos de primeira necesidade e urxencia nas rúas e beirarrúas.
    • Plan de reparación das carencias no rural no tocante a servizos e suministros.
    • Creación de un banco de vivendas públicas xestionado de maneira conxunta coa Xunta de
    Galicia.
    • Creación de un “parque canino”.
    • Ampliación dos quilómetros de carril bici no concello.
    • Introducir a mistura de “usos” por medio de modificacións puntuais naqueles espazos nos
    que, unha vez máis, non se tivo en conta o parámetro da seguridade, con obxecto de non
    crear zonas perigosos fóra dos horarios laborais
    13
    • Esixir, salvo en casos de verdade xustificados, as cesións do 10 por cento de
    aproveitamento que a lei do chan de Galicia establece sobre os novos desenvolvementos
    urbanísticos, xa que estes son os terreos edificables que, por dereito, pertencen á
    colectividade e a cidadanía non ten que renunciar a eles a favor de mans privadas.
    • Apostar por un urbanismo efectivo:
  8. Iluminación: co fin de corrixir as zonas que por falta de luz ou por un menor tránsito
    poidan percibirse como perigosas.
  9. Mobilidade: Ampliando beirarrúas e revisando os elementos que inflúan na
    accesibilidade, favorecendo así os desprazamentos a pé en cadeiras de rodas, e outros
    medios alternativos.
  10. O espazo público como espazo social: ponderar as prazas e lugares de encontro,
    buscando Incorporar a perspectiva de xénero nos instrumentos de planificación das
    políticas de mobilidade na cidade, favorecendo os desprazamentos segundo das
    distintas realidades que conviven nela.
    • Promover a rehabilitación fronte á demolición, o respecto cara ás tipoloxías urbanas e
    construtivas da contorna e a recuperación de edificios en desuso.
    • Revisar o Catálogo Urbanístico co obxecto de favorecer intervencións responsables que
    faciliten a reutilización e conservación do patrimonio e que melloren o grao de intervención
    sobre os mesmos.
    • Evitar a recalificación de solares ou equipamentos culturais públicos a chan edificable para
    o enriquecemento privado.
    AUTOEFICIENCIA ENERXÉTICA
    • Control de acendido e apagado da rede pública.
    • Aproveitamento da biomasa produto da limpeza dos montes privados e En Man
    Común do concello de O Carballiño ( Planta de Biomasa Municipal).
    • Instalación de paneis solares para o subministro de enerxía no alumeado público, buscando
    progresivamente a implantación do 100% de dita enerxía na rede municipal e nas
    instalacións públicas da vila.
    14
    • Creación de unha ordenanza municipal que fomente o autoconsumo e produción de
    renovables, dotando ao Carballiño dunha maior regulación e autorización de instalacións a
    particulares, persoas autónomas e PEMEs.
    • Instar a Xunta de Galicia e ao goberno do reino de España a derrogación do Real Decreto
    900/2015 de 9 de outubro de 2015, e propoñer a aprobación de unha normativa na que:
    ▪ A enerxía autoconsumida quede libre de calquera gravame;
    ▪ Que a enerxía sobrante e vertida ao sistema eléctrico sexa retribuída de maneira
    xusta por parte das empresas comercializadoras;
    ▪ Crear e dotar de vías administrativas para que os trámites burocráticos sexan áxiles
    e o máis sinxelos posibles.
    • Poñer en funcionamento a Oficina da Mobilidade, con persoal propio e un orzamento
    suficiente.
    • Creación do Defensor de peóns e ciclistas como fórmula de mediación independente da
    cidadanía coa Administración local.
    • Elaborar un plan de enerxías sostibles e non contaminantes no transporte e apostar pola
    enerxía de orixe sostible en todos os modos de transporte público. Renovación paulatina da
    frota de transporte público con vehículos híbridos, eléctricos ou de gas.
    • Favorecer o comercio local e de proximidade, os servizos descentralizados e os espazos
    culturais de barrio para reducir a necesidade de mobilidade innecesaria da cidadanía.
    • Poñer en marcha o taxi rural e plans de transporte específicos para as parroquias rurais
    garantindo a accesibilidade aos servizos cunha política tarifaria equitativa.
    • Potenciar a substitución paulatina da calefacción baseada en combustibles fósiles por
    enerxías limpas e renovables. Fomentar o aforro e eficiencia enerxética. Promover a
    utilización de enerxías renovables en espazos municipais.
    • Xestionar os espazos verdes con criterios de sustentabilidade ambiental e social,
    mellorando a súa accesibilidade a persoas con diversidade funcional, persoas maiores e
    outros colectivos, e promovendo a práctica da xardinería sostible.
    • Iniciar a transición cara á recuperación de auga de choiva para a rega dos espazos
    axardinados e fontes da cidade.
    15
    • Creación, en colaboración con outras administracións, e xestión de unha presa no Arenteiro
    para poder garantir o suficiente suministro de auga das distintas captacións e poder manter
    e respetar a biodiversidade do propio rio.
    • Iniciar a transición cara á utilización de compostaxe procedente da reciclaxe de residuos
    nos nosos parques e xardíns.
    • Fomento da creación de comunidades enerxéticas (conxunto de cidadáns que se xuntan
    para producir a súa propia enerxía e consumila no seu propio entorno).
    • Elaborar e implementar un plan integral de residuos que permita cumprir de maneira rápida
    e eficaz cos obxectivos de redución de vertidos establecidos pola Unión Europea.
    • Eliminar uso do plástico no día a día das actividades e servizos municipais.
    • Facer campañas de compostaxe de residuos.
    • Realizar inspeccións e posteriores rexistros de instalacións e edificios que aínda teñen
    amianto para expor un plan para a súa eliminación de maneira responsable.
    • Implantar medidas divulgativas, de sensibilización, control de emisión e rebaixa da taxa de
    lixo para os veciños que participen e colaboren na correcta separación de residuos.
    • Avanzar cara a un modelo de redución e eliminación do uso de enerxía procedente de
    combustibles de orixe fósil nos contratos municipais.
    • Plan de Enerxía Local. Implantar programas e proxectos de apoio a particulares e
    comunidades de veciños para a realización de estudos de mellora da eficiencia enerxética e
    de realización das obras e instalacións adecuadas.
    • Elaborar un mapa de ruídos do concello e elaborar un plan de acción para reducir o ruído,
    tanto na zona rural como urbana. Actualizar as ordenanzas do concello se fose necesario.
    DEREITOS E DEFENSA DOS ANIMAIS
    • Creación do Centro de Recuperación de Fauna Silvestre no Carballiño. Proxecto
    financiado con fondos FEDER e que se podería ubicar nos terreos anexos a
    piscifactoría do Carballiño.
    16
    • O Carballiño como concello libre de maltrato animal: non autorizando ningún acto ou
    espectáculo no que se maltrate animais ou vaia en contra do contido na Lei 4/2017 de 3 de
    outubro, de Protección e Benestar dos Animais.
    • Recoñecemento civil dos animais, onde deixen de ser unha mera propiedade e se
    consideren parte da familia que son e que dado o caso, en situación de protección, non
    se poida obrigar as persoas a separarse dos seus animais.
    • Recuperación e mellora na xestión da canceira situada na Medela, hoxe en día en mans da
    Deputación de Ourense.
    • Maior apoio por parte de esta corporación coas protectoras de animais e con outros entes
    gubernamentales que defendan os dereitos dos animais.
    • Instar dende o concello as administracións competentes a implementación de métodos
    éticos e non letais para o control poboacional de animais silvestres e adoptar medidas para
    evitar o comercio das diferentes especies animais, incluíndo as denominadas mascotas
    “exóticas”.
    • Campañas de fomento a adopción de mascotas.
    • Campañas de concienciación e civismo para que as nosas rúas e parques públicos estean
    libres dos excrementos das mesmas.
    • Unificar e definir as competencias municipais actuais en materia de Benestar Animal para
    dotalo do peso municipal que lle corresponde.
    • Promover sistemas de control ético de colonias de paxaros e de especies silvestres que
    habiten en zonas urbanas e de calquera outra especie en caso de superpoboación, contando
    sempre con respaldo técnico veterinario oportuno.
    • Elaborar, coa participación activa das entidades dedicadas a iso, unha ordenanza de
    tenencia e protección de animais.
    • Crear o Rexistro Municipal de Persoas con Animais de Compañía para inscribir a todos os
    animais de compañía ou domesticados con suxeición aos dereitos e obrigacións da
    normativa local que exista.
    • Crear un Observatorio de Protección Animal como departamento especializado adscrito á
    concellería competente, que supervisará o cumprimento da ordenanza existente.
    17
    • Estudar a forma correcta de introducir na vida municipal o uso de pirotecnia sen son,
    medida que beneficia á súa vez a outros colectivos.
    • Realizar un control e manexo ético e responsable dos animais abandonados no municipio.
    • Construír cemiterios municipais de animais.
    NOVAS INFRAESTRUTURAS
    • Creación da tan necesaria Casa da Xuventude: o Carballiño ten que ofertar xa
    alternativas a xuventude e non só limitarlle o seu tempo de lecer ao “botellón” e a outras
    actividades polas que na maioría das veces seus proxenitores teñen que desembolsar cartos
    e lles supón un considerable esforzo. Dotar de dito servizo con:
    ▪ Salas de estudio e lectura;
    ▪ Sala de xogos;
    ▪ Salas de actividades deportivas;
    ▪ Sala de informática e actividades telemáticas;
    ▪ Salas de proxeccións e actividades audiovisuais;
    ▪ Salas de ensaios musicais;
    ▪ Salón de xuntanzas ou outras celebracións.
    • Creación de un Centro de Asistencia Nocturna. Outro servizo do que carece o noso
    concello. Instalacións especializadas na terceira idade, onde profesionais se dediquen a
    atender as necesidades específicas das nosas persoas maiores durante as horas nocturnas,
    xusto cando as persoas maiores e que viven soas peor o pasan, aparte de ofrecer actividades
    de lecer e outras atendendo as necesidade específicas de este sector poboacional tan
    esquecido moitas veces.
    • Creación de unha Dársena Intermodal digna Tren-Bus. Creación de dita dársena na
    explanada da estación de tren do Carballiño co fin de facilitar o nexo de unión entre buses
    de liña metropolitano (inclusión de o Carballiño na rede metropolitana de Ourense) e trens.
    Isto levará conxuntamente unha mellora e reacondicionamento das paradas de buses
    (marquesiñas) dos distintos concellos da comarca (fondos da Xunta).
    18
    • Estudar a situación dos edificios e inmobles de titularidade municipal e de outras
    administracións para o aproveitamento dos mesmos e rehabilitar no caso de ser preciso.
    • Arranxo e melloras na Piscina Municipal. Apertura da mesma atendendo ao tempo e as
    datas vacacionais da veciñanza do Carballiño.
    DEPORTE
    • Apoio as distintas escolas municipais e ampliación das mesmas.
    • Arranxo das pistas de tenis.
    • Fomentar campionatos tanto a nivel local coma rexional de deportes varios: fútbol,
    baloncesto, balonmán, ximnasia, taekwondo, boxeo, natación, tríatlon, patinaxe, atletismo,
    xadrez,…
    • Recuperación das instalacións municipais de Pena Cobertoira. De non ser posible,
    buscar un segundo proxecto para as mesmas.
    • Fomentar a igualdade no deporte e a creación de escolas e ligas mixtas dende o
    deporte base.
    • Creación de un circuíto de carreiras específico para deportes como bici-cross, moto-cross
    ou/e quads.
    • Ampliacións dos terreos e instalacións dos campos de fútbol de Espiñedo e da Uceira xunto
    coas instalacións e pistas deportivas do pavillón de deportes.
    • Cursos bonificados de actividades deportivas para a terceira idade e outros colectivos con
    necesidades específicas.
    • Acurtar os prazos e axilizar a xustificación de subvencións e axudas para os clubs
    deportivos da cidade que participan en competicións oficiais.
    • Plan de choque de posta a piques dos equipamentos deportivos municipais á vez que a
    realización dun Plan Director de Instalacións Deportivas Municipais.
    • Rebaixar os custos polo uso de instalacións deportivas municipais.
    19
    • Elaborar programas de actividade física e deporte fose do horario lectivo nos centros
    educativos públicos en coordinación o profesorado de Educación Física, asociacións
    deportivas e profesionais da saúde.
    • Fomentar os deportes mixtos e inclusivos nos centros escolares e nas Escolas Deportivas.
    • Crear unha maior oferta de actividade física para mulleres embarazadas e de postparto.
    • Crear o Consello Municipal do Deporte e a Actividade Física. Espazo de participación e
    relación entre os diversos axentes e actores do sistema deportivo co fin de ter en conta as
    voces, demandas e necesidades da cidadanía.
    • Desenvolver campañas de concienciación cidadá para promover e difundir a práctica de
    exercicio físico con seguridade nas instalacións deportivas e o seu respecto e coidado para
    un uso responsable das mesmas.
    TRANSPARENCIA E RECUPERACIÓN DE SERVIZOS.
    • Orzamentos non atomizados e participativos. Unha parte dos orzamentos municipais
    serán elaborados para proxectos nos que participe os colectivos e asociacións do
    Carballiño e a súa veciñanza.
    • Transparencia e maior información dos contratos menores por parte da corporación local.
    • Elaborar un Plan Director de Participación Cidadá Municipal que constitúa o documento
    marco que determine a dimensión estratéxica de cidade en materia de participación e que
    contemple unha Axenda Municipal de Participación conformada por todas aquelas
    actuacións que deben contar coa implicación cidadá.
    • Fomentar a participación cidadá na vida política cotiá e en particular, nas sesións plenarias
    do Concello, facilitando a participación directa e a posibilidade de incorporar propostas á
    orde do día.
    • Celebrar Asembleas cidadás trimestrais concibidas como espazos onde o goberno
    municipal expoña os resultados da súa actividade e reciba as demandas cidadás.
    • Potenciación das redes sociais para achegar ao público as actividades das corporacións e
    das distintas agrupacións políticas con representación en esta corporación.
    20
    • Información clara e con tempo suficiente para as distintas bolsas ou contratacións
    temporais, cumprido rigorosamente cos principios de mérito e capacidade.
    • Rendición de contas por parte dos distintos cargos institucionais de maneira anual.
    • Convenios cos medios de información privados locais para promover a información de
    maneira imparcial.
    • Potenciación das redes sociais para achegar ao público as actividades de esta corporación e
    das distintas agrupacións políticas con representación en esta corporación.
    • Información clara e con tempo suficiente para as distintas bolsas ou contratacións
    temporais, cumprido rigorosamente cos principios de mérito e capacidade.
    • Rendición de contas por parte dos distintos cargos institucionais de maneira anual.
    • Recuperación progresiva e xestión directa de servizos privatizados que custan a este
    concello cada ano máis de o 50% dos orzamentos:
    ▪ Recadación;
    ▪ Servizo de Axuda ao Fogar;
    ▪ Servizo Bo Día Familia e Divertiño;
    ▪ Subministro de Augas.
    Ao ser xestionados directamente polo concello o beneficio empresarial que se perde na
    privatización poderíase investir en políticas sociais e en outras carencias da nosa vila.
    XUSTIZA SOCIAL E DEFENSA DA VECIÑANZA.
    • Estudar e mellorar as necesidades da área de Servizos Sociais. Avaliar a situación en canto
    a dotación de persoal, perfís, cualificacións profesionais e tipo de servizo que se presta,
    para adaptalas en base a súa capacidade de resposta ás necesidades do municipio.
    • Favorecer a accesibilidade e desburocratización dos procedementos.
    • Flexibilizar o acceso aos recursos en situacións críticas.
    21
    • Loitar contra novas formas de adicción. Nos últimos anos, as adiccións relacionadas co
    xogo, os casinos ou a compra en liña aumentaron exponencialmente, afectan especialmente
    a poboación nova e a súa incidencia é maior en barrios de extracción social humilde.
    • Mellorar os equipos psicosociais multidisciplinares, con especial atención á infancia.
    • Crear un servizo de mediación familiar. As separacións e divorcios conflitivos, con
    procesos xudiciais continuados e entrecruzados, poñen en risco de desprotección ás e os
    menores involucrados.
    • Crear unha Unidade de Tramitación de Axudas relacionadas con garantías de ingresos
    mínimos. Unificar as axudas. Avogamos por unha administración amable cara á cidadanía,
    especialmente en situacións de vulnerabilidade.
    • Conseguir unha mobilidade sostible e inclusiva. Consideramos necesario dar un papel máis
    activo ao Consello Sectorial de Discapacidade, para que sexa o órgano que poida sinalar as
    prioridades e as propostas de execución á hora de desenvolver o Plan Integral de
    Accesibilidade.
    • Realizar un censo de vivendas baleiras que permita coñecer a situación existente na nosa
    cidade, así como cursar un requirimento á Xunta de Galicia e ao Goberno do Estado do
    censo de vivendas públicas do municipio, con información sobre as súas características,
    tipoloxía, estado e ocupación.
    • Promover o alugueiro alcanzable facilitando o acceso ao dereito á vivenda e creando unha
    bolsa que recolla estas vivendas.
    • Potenciar o Servizo de mercados e consumo (Oficina de Información ao Consumidor),
PUBLICIDADE