O Psdeg-Psoe de Leiro esíxelle ao alcalde explicacións ante a falta de información á oposición de visitas e actos institucionais de cargos da Xunta de Galicia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Os socialistas critican que tiveron constancia das visitas institucionais destes cargos “a través da prensa”, xa que tal e como apuntan “non recibimos nin un só aviso por parte de alcaldía das devanditas visitas”

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O voceiro do PSdeG-PSOE, Pedro José González, lémbralle que “mal que lle pese, os socialistas somos tamén representante da veciñanza, polo que nin nós, nin os nosos votantes, veciños e veciñas de Leiro, merecemos tal desprezo pola súa parte”

Leiro, 28 de xuño de 2023. O PSdeG-PSOE de Leiro esíxelle ao alcalde do municipio do Partido Popular, Francisco José Fernández, explicacións ante a falta de información á oposición da visita da conselleira de medio ambiente e dos conselleiros de medio rural e cultura á localidade. Os e as socialistas critican que tiveron constancia das visitas institucionais destes cargos da Xunta “a través da prensa”, xa que tal e como apuntan “non recibimos nin un só aviso ou comunicación por parte de alcaldía de ditas visitas”.

Dende o grupo municipal socialista de Leiro consideran que o rexedor “segue coas súas malas praxes habituais, tratando de impedir o traballo da oposición e denigrándoos, co único fin de evitar que participen e teñan constancia das visitas institucionais de cargos públicos ao noso municipio”. Ante esta situación, dende o PSOE de Leiro solicítanlle ao alcalde “explicacións dos motivos polos que o rexedor non decidiu avisar aos nosos concelleiros da presencia no municipio de ditas autoridades”.

Para o voceiro do PSdeG-PSOE en Leiro, Pedro José González, esta forma de actuar “é unha mostra máis da falta de respecto que o señor Fernández demostra pola oposición” e lémbralle que “mal que lle pese, o PSdeG-PSOE é tamén representante da veciñanza, polo que nin nós, nin os nosos votantes, veciños e veciñas de Leiro, merecemos tal desprezo pola súa parte”. Para o líder dos socialistas da localidade estas praxes “non son novas, xa que levan repetíndose o longo dos últimos anos”, e ante este motivo esíxelle ao alcalde que “rectifique nesta forma de actuar”.

“Como máximo representante público dos veciños e veciñas de Leiro, o alcalde debe rexerse polos principios da ética e a transparencia, comunicando e informando á oposición das visitas institucionais”, afirma Pedro José González. O voceiro socialista tamén afirma que “ao igual que o Partido Popular, o PSdeG-PSOE tamén forma parte da corporación” e subliña que “debe terse en conta a oposición para futuros actos e visitas institucionais, xa que estes son en beneficio da veciñanza de Leiro, e non actos electoralistas do Partido Popular”.