A Deputación ratifica o convenio e a subvención a 13 concellos ourensáns en materia de prevención de incendios forestais

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Estas axudas forman parte do acordo coa Consellería de Medio Rural e os concellos na defensa do monte, permitindo a adquisición por parte de cada municipio dun tractor e dúas rozadoras para a limpeza de faixas secundarias e infraestruturas rurais

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A Xunta de Goberno desta mañá tamén ratificou o convenio anual coa UVigo e a concesión dunha subvención de 300.000 euros para desenvolver actividades culturais no Campus de Ourense

Ourense, 3 de xullo de 2023.- A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, reunida esta mañá baixo a presidencia de Manuel Baltar, ratificou os convenios de colaboración asinados coa Xunta de Galicia e con 13 concellos ourensáns en materia de prevención e defensa contra os incendios forestais -acordos que supón un investimento global por parte do goberno provincial de 628.333,29 euros-. Tamén ratificou o convenio anual coa Universidade de Vigo para o desenvolvemento de actividades de difusión cultural no Campus de Ourense, ademais de dar luz verde a outras 16 axudas a concellos e entidades sociais da provincia. 

No referido aos convenios vencellados á defensa do monte, a Xunta de Goberno desta mañá ratificou os acordos de colaboración asinados este ano entre a Xunta de Galicia -Consellería de Medio Rural- a Deputación e 13 concellos da provincia -Manzaneda, Melón, O Bolo, Pereiro de Aguiar, Gomesende, A Merca, A Peroxa, Baños de Molgas, Castro Caldelas, Entrimo, Nogueira de Ramuín, Taboadela e Vilar de Barrio-. 

Este convenio -cofinanciado entre Deputación e Xunta- permite a compra por parte de cada concello dun tractor novo e dúas rozadoras para a limpeza de faixas secundarias e infraestruturas rurais. O goberno provincial ourensán -o único galego que colabora coa Xunta neste ámbito- achega a cada concello beneficiario 48.333,33 euros. O primeiro convenio, que data de novembro de 2021, beneficiou a nove concellos, polo que case a cuarta parte dos municipios ourensáns poden facer labores de prevención grazas a esta nova maquinaria.

Cooperación cos concellos 

En cooperación local, na sesión de hoxe aprobouse unha subvención de 47.807 euros ao Concello de Oímbra para executar as obras de mellora da EDAR municipal; unha axuda de 14.312 euros ao Concello de Monterrei para realizar analíticas periódicas e a redacción de proxectos; unha subvención de 16.221,66 euros ao Concello de Chandrexa de Queixa para gastos de servizo técnico de desenvolvemento local da agrupación Chandrexa de Queixa-Manzaneda; unha axuda de 18.000 euros ao Concello de Xunqueira de Ambía para o proxecto de conciliación “Aprende Xunqueira”; unha axuda de 30.000 euros ao Concello de Esgos para obras de mellora na biblioteca municipal; e unha subvención de 48.000 euros a favor do Concello de Quintela de Leirado para executar a obra de adecuación do entorno da igrexa de San Pedro de Leirado.

Ademais, o Concello da Mezquita contará con 20.000 euros para o equipamento e posta en marcha do servizo de viveiro municipal da planta de castaña; o Concello de Punxín disporá de 5.000 euros para a aula de espera do colexio municipal; o Concello da Peroxa recibirá 10.000 euros para a mellora do saneamento no núcleo do Val; o Concello de Avión disporá de 50.000 euros para a renovación do equipamento e reparación na residencia Alvetus; e o Concello de Laza contará cunha axuda de 48.000 euros para executar unha obra de arranxo das vías municipais.

Convenio anual coa Universidade de Vigo

A Xunta de Goberno ratificou esta mañá o convenio anual coa Universidade de Vigo para o desenvolvemento de actividades de difusión cultural no Campus de Ourense, que inclúe unha subvención de 300.000 euros. 

Ademais, en colaboración con entidades, outorgou esta mañá unha subvención de 10.000 euros á Asociación de Veciños Santa María de Ansemil para a adquisición dun terreo destinado a local social e colaboración en novos proxecto; unha subvención de 2.000 euros á APA do Colexio Sagrado Corazón Celanova Areal; unha subvención de 8.000 euros á Asociación Celanova Chea para gastos de funcionamento; unha axuda de 30.000 euros á Diocese de Ourense para a remodelación do presbiterio da parroquia de Verín; e unha axuda de 20.000 euros á entidade Next Educación SL para o curso de Especialista Rural Intelixente.