Declarado de utilidade pública e interese social o polígono agroforestal de iniciativa pública de Prado de Miño, no concello de Castrelo de Miño

Casa do Concello de Castrelo de Miño.
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

DECRETO 108/2023, do 22 de xuño, polo que se declara de utilidade pública e
interese social o polígono agroforestal de iniciativa pública de Prado de Miño, no
concello de Castrelo de Miño (Ourense).

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Mediante o Acordo do 9 de maio de 2023, da Presidencia da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (CVE qeUvDo8AlSY1), iniciouse o procedemento de aprobación para o desenvolvemento do polígono agroforestal de iniciativa pública de Prado de Miño, no de Castrelo de Miño (Ourense). O polígono agroforestal de Prado de Miño está
nos supostos de zonas preferentes para os polígonos de iniciativa pública regulados no
artigo 70, que, de acordo co artigo 83.3, habilita a persoa titular da consellería competente en materia de medio rural para elevar ao Consello da Xunta de Galicia a declaración de utilidade pública e interese social do polígono agroforestal inmediatamente despois da
aprobación do acordo de inicio.
A persoa titular da Dirección Xeral da Agader formulou a proposta prevista nos artigos 83.3 e 85.1 da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia.
Na súa virtude, por proposta da persoa titular da Consellería do Medio Rural e logo de
deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e dous de xuño
de dous vinte e tres,
DISPOÑO:
Artigo 1. Declaración de utilidade pública e interese social
Declarar de utilidade pública e interese social o polígono agroforestal de iniciativa pública de Prado de Miño, no concello de Castrelo de Miño (Ourense).
Artigo 2. Delimitación do perímetro do polígono agroforestal
O perímetro do polígono agroforestal é o que figura no documento con código de verificación electrónica (CVE CRMowQYWw2S1), verificable en https://sede.xunta.gal/cve, sen
prexuízo da súa posible modificación segundo o disposto no artigo 85.2.a) da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia.

Artigo 3. Autorizacións
Autorizar a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural para a redacción do proxecto básico do polígono agroforestal co contido previsto no artigo 86 da Lei 11/2021, do
14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia.
Autorizar a consellería con competencias en medio rural, a través da Axencia Galega de
Desenvolvemento Rural, para a execución dos procedementos de investigación da titularidade na forma prevista nos artigos 90 e 19 da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia.
Autorizar o órgano territorial competente en materia de medio rural onde radiquen os
predios e a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural para a execución dos procedementos de declaración de abandono na forma establecida no título IV, capítulo I, da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia.
Autorizar a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural para a execución dos procedementos de reestruturación da propiedade na forma prevista no artigo 93 da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia.
Artigo 4. Interese público
A declaración de utilidade pública e interese social implica o recoñecemento da existencia de razóns de interese público para os efectos da aplicación da tramitación de urxencia
do procedemento e aos informes ambientais e sectoriais dos órganos autonómicos e da
Administración local da Comunidade Autónoma de Galicia, conforme o establecido polos
artigos 83.4 e 85.3 da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de
Galicia.
Artigo 5. Permutas de especial interese agrario
A declaración de utilidade pública e interese social implica darlles o carácter de especial
interese agrario ás permutas de predios que se leven a cabo no polígono agroforestal,
conforme o establecido polo artigo 62.3 da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia.

Disposición derradeira primeira. Eficacia
Este decreto producirá efectos o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de
Galicia.