O servizo “Coidados Porta a Porta” estará en Maside, Irixo e Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O servizo “Coidados Porta a Porta” da Xunta de Galicia volta nesta tempada de verán, e faino tamén nos concellos da nosa contorna. Logo de terse instalado a pasada semana nas localidades de Leiro e Beariz, na actual estivo presente no municipio de Boborás, estando prevista a súa presenza mañá, en Maside e O Irixo, e o vindeiro venres, no Irixo e tamén na vila do Arenteiro.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ofrece ás persoas maiores de 55 anos servizos asistenciais gratuítos de estimulación da memoria, prevención da dependencia e envellecemento activo; podoloxía e audioloxía.

Para acceder a este servizo será necesario pedir cita previa, no número de teléfono 622 748 283 ou no enderezo de correo: coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.