Programación da XVI Mostra de Teatro Amador “Terras do Orcellón” correspondente a este sábado coa obra CASTING

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

7 de outubro de 2023
HIPÓCRITA TEATRO
(Lugo)
presenta
C A S T I N G
Texto de Hipócrita Teatro.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Casting é un novo espectáculo de Hipócrita Teatro. Na traxectoria do grupo son frecuentes as parodias e as comedias acedas e Casting abonda nesta liña. A historia está protagonizada por personaxes que representan algúns dos estereotipos femininos creados pola industria cinematográfica de Holywood.
Son prototipos de muller que se instalaron no inconsciente colectivo de varias xeracións. A obra recolle algúns dos seus trazos característicos e lévaos ó extremo para amosar o grotesco e esperpéntico destes modelos.


Mirna Lois, unha diva dos anos 50, Norma Lee, actriz de cine “erótico” e Úrsula Cimarrón, unha moza aspirante a actriz, coinciden nun casting. Todas compiten por un único papel. Atrapadas nos seus personaxes femininos estereotipo chegarán ó límite do ridículo por cumprir coas expectativas do seu rol. Unha comedia agridoce sobre os estereotipos femininos no cine de Holywwood para chorar, rir, ou chorar coa risa

ELENCO
María García Mirna Lois
Natalia Fernández Úrsula Cimarrón
Marta Arias Norma Lee
Juan Rivas Produtor
Lorena Lavandera Voz en off
EQUIPO TÉCNICO
Dirección Elea López
Escenografía Hipócrita Teatro
Vestiario e caracterización María García
Iluminación e son Juan Rivas
Duración: 60 minutos.
Comedia. Para público adulto