Deputación e Tráfico estudarán una iniciativa de cooperación cos concellos para a creación de camiños escolares seguros

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Luis Menor mantivo un encontro co director de Tráfico en Ourense, David Llorente, e o capitán da Garda Civil de Tráfico, Javier Barja, aos que recibiu oficialmente no Pazo Provincial 

Na mesma reunión abordáronse aspectos relativos á seguridade viaria nos 1.850 quilómetros de estradas que integran a rede provincial, sinalando a necesidade de coñecer os puntos da rede nos que é preciso acometer accións de mellora 

Tamén se falou da busca dun espazo permanente para o Parque Infantil de Tráfico, cuxa última sede estaba situada no recinto feiral de Expourense e pola que todos os anos pasaban máis de 3.000 escolares da provincia 

Ourense, 22 de novembro de 2023.- A Deputación de Ourense e a dirección provincial de Tráfico estudarán a posta en marcha dun novo plan de cooperación cos concellos para a creación de camiños escolares seguros. Este foi un dos asuntos tratados na reunión que o presidente Luis Menor mantivo hoxe co director de Tráfico en Ourense, David Llorente, e o capitán da Garda Civil de Tráfico, Javier Barja, aos que recibiu oficialmente no Pazo Provincial. 

Luis Menor destacou o carácter frutífero dun encontro no que se propuxo trasladar aos concellos, e de xeito inicial ás vilas da provincia, o plan de mobilidade que impulsa a Dirección Xeral de Tráfico para facilitar que os escolares podan ir ao colexio camiñando ou en bicicleta, dun modo autónomo e a través dun itinerario coñecido e acondicionado para que o desprazamento se realice coa máxima seguridade e dun xeito sostible. 

Na mesma reunión, o presidente da Deputación e os responsables de Tráfico tamén abordaron aspectos relativos á seguridade viaria nos 1.850 quilómetros de estradas que integran a rede provincial, sinalando a necesidade de coñecer os puntos da redes nos que é preciso acometer accións de mellora. 

Outro dos temas tratados foi a recuperación dun espazo permanente para o Parque Infantil de Tráfico, cuxa última sede estaba situada no recinto feiral de Expourense e pola que todos os anos pasaban máis de 3.000 escolares da provincia. Luis Menor, David Llorente e Javier Barja coincidiron en apostar de novo por unha iniciativa de educación viaria que, dun xeito distendido, promovía a comprensión dos sinais, hábitos seguros en rúas e estradas e o respecto ás normas de tráfico.