Emilio González visita os pasos fronteirizos para supervisar o protocolo de control na fronteira con Portugal

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, acudiu esta mañá aos postos de control fronteirizos de Verín-Vila Verde da Raia e de Manzalvos-Moimenta para supervisar as labores de control da fronteira con Portugal que están a desenvolver os efectivos da Policía Nacional. Durante a xornada do luns Emilio González desprazouse ata os pasos fronteirizos de Baltar- Montealegre e de A Madalena-Ponte da Barca.

O subdelegado do Goberno estivo acompañado polo comisario xefe provincial do Corpo Nacional de Policía de Ourense, Juan Carlos Blázquez, e polo comisario xefe provincial de Operacións, Eduardo Gutiérrez. Durante estas visitas avaliaron as medidas establecidas tralo restablecemento temporal dos controis na fronteira interior entre España e Portugal, acordada de maneira coordinada entre ambos os dous países, dende o pasado 31 de xaneiro e que se manterán ata as 00:59 horas do vindeiro 6 de abril, co obxectivo de facer fronte á situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Así, Emilio González informou que nos dispositivos de vixilancia levados a cabo entre o 31 de xaneiro e o 23 de marzo nos catro pasos fronteirizos que permanecen abertos na provincia de Ourense controláronse un total de 76.331 persoas e 53.534 vehículos. Denegóuselle a entrada a 1.307 viaxeiros por non poder acreditar o motivo do desprazamento, o que supón un 1,7% do total de persoas identificadas. O subdelegado do Goberno salientou que “durante todo este período os desprazamentos con causa xustificada nos postos fronteirizos habilitados supuxeron a tónica xeral”.

O subdelegado do Goberno destacou que “no paso fronteirizo de Verín-Vila Verde da Raia, que permanece aberto as 24 horas do días todos os días da semana, controláronse 73.171 persoas e 51.274 vehículos, o que indica a importante actividade neste punto”.

Así mesmo, Emilio González detallou os datos dos controis establecidos nos outros tres pasos fronteirizos, que se manteñen abertos de luns a venres en horario de 07:00 a 10:00 e de 18:00 a 21:00, sinalando que “fundamentalmente se trata de desprazamentos de proximidade e de traballadores transfronteirizos”:

  • Baltar-Montealegre: dende a súa apertura, o pasado 15 de febreiro, controláronse neste punto 1.069 vehículos e 1.475 persoas.
  • A Madalena-Ponte da Barca: neste paso fronteirizo, aberto dende o pasado 2 de marzo, controláronse 913 vehículos e 1.315 persoas.
  • Manzalvos-Moimenta: neste paso controláronse, dende o pasado día 2 de marzo, 278 vehículos e 370 persoas.

Emilio González quixo agradecer persoalmente “o desempeño e a dedicación que están a demostrar os funcionarios encargados do control fronteirizo nos postos habilitados”. Así mesmo, o subdelegado do Goberno expresou o seu desexo de que “esta situación excepcional do control de fronteiras dure o menor tempo posible, posto que será indicativo de que a emerxencia sanitaria volve a estrar baixo control”.