Estréase “Abre os Ollos”, unha curtametraxe Limiá

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Da man do CDR O Viso, un grupo de mozos e mozas da Limia lanza unha peza audiovisual encamiñada a espertar conciencias na loita contra a violencia machista.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O proxecto nace dunha colaboración entre o IES Lagoa de Antela e o Centro de Desenvolvemento Rural O Viso e estivo dirixido en tódalas fases do mesmo por un grupo sete adolescentes de entre 14 e 15 anos. O grupo creou a idea orixinal, o guión, o plan de gravación, o elenco e participaron tamén na edición. Gabriela, Pilar, Iker, Jeremy, Rubén, Alejandro e María José distribuíron os seus roles para atender tódalas responsabilidades que ten o cine. Gabriela protagoniza a cinta, Pilar e Iker son as voces, Jeremy ocupouse  do script, Rubén atendeu a iluminación, Alejandro e María José desenvolveron a idea orixinal.

Con acompañamento dos equipos educativo e audiovisual do CDR crearon un produto que sae á luz na véspera do día contra as violencias machistas a través de códigos QR que se repartirán entre a mocidade e a partir do propio día 25 estará a libre disposición nas redes do CDR O Viso e do IES Lagoa de Antela.

O proxecto serviu para traballar co grupo artístico aspectos clave na loita contra a violencia como é a rede de apoios na comunidade. A mensaxe da curtametraxe é clara: chamar á acción de tódalas persoas ante indicios de malos tratos.

PUBLICIDADE