A compañía de teatro carballiñesa Dar Trela estreou esta fin de semana a obra de creación propia “Cabaret”, unha peza formada por pequenas partes de cada un deles, con risa e tamén reivindicacións. Ofreceron dous pases no auditorio Manuel María do Carballiño, conseguindo un cheo total en ambas sesións, e o aplauso dun público que se divertiu moito con esta peza.
Puidemos falar co seu director, Fernando González, quen destacou o traballo que hai detrás, ao longo de dou anos.
A primeira expectativa, xa cumprida, era conseguir encher este auditorio. Agora o seguinte paso é poder levala a outros sitios de Galicia e tamén de fora, e que “voe todo o que tela que voar”.