A 34ª edición do FETEGA comeza mañá mércores cunha función infantil

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

A 34ª edición do Festival do Teatro Galego dará o seu pistoletazo de saída mañá mércores, enchendo de cultura o mes de decembro e mudando a súa data de celebración, orixinalmente no mes de setembro. O concelleiro de cultura quere destacar a importancia deste festival para a cultura e para a lingua galega, e tamén do Carballiño coma un referente.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Abrirá mañá mércores unha función infantil, “Antón, un neno diferente”, que será representada por Barafunda ás 11,30 horas, mentres as sesións para adultos serán ás 20,30 horas entre o xoves 14 e o sábado 16.

𝗔 𝗢𝗕𝗥𝗔: Antón pretende, entre outras cousas, a través dunha historia fantástica, destacando valores como o respecto pola diversidade, os efectos do acoso pero sobre todo, a tolerancia, afrontar obstáculos e acadar os obxectivos que nos propoñemos.Teatro multidisciplinar de actores e títeres en diversas técnicas (sombras, bunraku, bocas grandes, obxectos) destaca a tradición oral de Galicia a través dalgunhas personaxes mitolóxicas. Con música feita para a montaxe.É unha montaxe feita en coprodución entre a nacente Compañía de teatro e monicreques Luart e a recoñecida compañía de Animación infantil Barafunda, cunha banda sonora producida por Héctor Rodríguez.

As entradas poderanse mercar en ataquilla.com ou ben a través da web festivaldoteatrogalego.com. Xa na billeteira os prezos serán de 9 euros a función solta e 25 o abono.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------