Onte domingo, o templo da Veracruz acolleu con gran éxito de público a primeira edición do concerto “Nadal Coral”, unha iniciativa pioneira que agrupou ao Orfeón e a 50 nenos e mozos da coral do conservatorio e das corais creadas dos colexios CPI Terras de Maside, o Calvo Sotelo e o Vila do Arenteiro.
O pianista e director do Orfeón, Christian Casas, creou esta iniciativa que xa existe noutras comunidades, co apoio dos centros educativos e ca finalidade non so de iniciar aos mozos na música, se non tamén en valores e en crear comunidade.
Os mozos amosaron todo o traballo feito para un público que aplaudiu esta gran iniciativa de Nadal.
PUBLICIDADE
---------------------------------------------------------------------------------------------------