En Leiro e Bande, o presidente provincial do Partido Popular, Luis Menor, sinalou ao termalismo e ao viño como dous dos sectores económicos estratéxicos da provincia de Ourense “que deben afianzarse cun novo Goberno do PP en Galicia”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

En Leiro, o número 3 da candidatura popular, José González, manifestou que “por suposto, seguiremos incentivando a actividade agraria. Aquí, en concreto, no Ribeiro, continuaremos facilitando a viticultura, que é polo que nos coñecen no resto do mundo: polos nosos viños de calidade extraordinaria. E para iso ofrecemos solucións:: impulsando beneficios fiscais á actividade como por exemplo a rebaixa do IRPF, ou non tributar por determinadas operacións”.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

·      “Aumentaremos ata o límite máximo legal a porcentaxe de axudas que concede a Administración autonómica para os seguros agrarios. Somos conscientes das particularidades e riscos que teñen os viticultores, e queremos correr nós con eles. Para que vós, só vos teñades que preocupar de continuar facendo uns viños de calidade”, anunciou José González.

·      “En apoio ao sector vitivinícola, cómpre destacar que volvemos aumentar a contía destinada á mellora da elaboración e comercialización, reestruturación de viñedos e medidas de promoción en terceiros países, que conta, neste ano, cun orzamento conxunto de 9 millóns de euros”, lembrou González en Leiro.

Luis Menor

·      Luis Menor, que puxo en valor ao Termalismo e Vitinicultura como sectores económicos estratéxicos na provincia, destacou que con iniciativas deste tipo corrobórase que Galicia é un destino turístico sustentable, que ten nos seus recursos naturais un dos seus principais atractivos, e contribúese a afianzar a provincia como capital termal da Comunidade; engadindo que a maior concentración de augas termais de Galicia localízase nas comarcas de Ourense, O Carballiño, O Ribeiro e na Baixa Limia.

·      Menor recalcou que “logo do vivido onte na praza de touros de Pontevedra, “esta campaña electoral só pode rematar dunha maneira: ofrecendo o apoio incontestable dos ourensáns á candidatura de Alfonso Rueda á presidencia da Xunta e darlle a súa primeira maioría absoluta”.

·      “A maioría absoluta é un obxectivo perfectamente alcanzable e podemos facelo, con traballo, con compromiso e con ilusión, porque estou a ver un partido, o Partido Popular de Ourense, que está mobilizado”, proclamou.

·      “O importante das enquisas é que son a foto fixa dun momento determinado. A verdeira enquisa é a do 18 de febreiro, na que estamos a traballar para encher as urnas coas papeletas que fan que Galicia funcione, as do PP”, dixo Menor.