Este venres día 9 de febreiro, véspera do entroido, temos no Auditorio Manuel María do Carballiño a última película do director e actor italiano Nanni Moretti, un veterano xa da escea cinematográfica europea. O autor de Caro diario volve a atinar con El sol del futuro, coa súa típica mestura de comedia e drama, recordándonos ao Moretti dos mellores tempos, capaz de emocionarnos e facer rir ao mesmo tempo. Película ambientada dentro do mundo do cine, nostálxica e transgresora á vez, consigue que saiamos da sala cunha sensación de satisfacción por ter visto unha obra diferente e peculiar, como o é o seu autor. Foi nominada én Cannes á Palma de Ouro.
Os pases será ás 20:00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22:30 en versión orixinal subtitulada.