A D.O. Ribeiro recibiu un total de 18 premios no VI Concurso Nacional de Viños VinEspaña 2024, celebrado do 29 de febreiro ao 2 de marzo en Jumilla, Murcia. Na categoría de Viños Brancos Tranquilos foi galardoado con tres Grandes Ouros, 11 Ouros e catro Pratas.
O presidente do Consello Regulador da D.O. Ribeiro, Juan Manuel Casares, considera que o éxito acadado neste certame é unha mostra máis do interese que seguen a espertar os viños da D.O. Ribeiro: “os nosos viños seguen acadando numerosos premios neste e noutros certames vitivinícolas nacionais e internacionais, o que confirma o excelente camiño que levamos percorrendo dende hai xa varios anos. Como xa dixen en varias ocasións, estamos nun momento moi doce para a D.O. Ribeiro.”
VinSpain
Este concurso de viños está integrado nos Certames Nacionais e Internacionais patrocinados pola Unión Internacional de Enólogos (UIOE).
A Federación Española de Enoloxía busca producir viños de gran calidade, promover o seu coñecemento entre os consumidores, poñendo en valor os viños premiados e a riqueza vitivinícola do noso país. Así como contribuír á expansión da cultura do viño e ao progreso do sector, potenciando o coñecemento do viño. Ao mesmo tempo, refórzase o prestixio e a confianza nas competicións desta categoría.
Gañadores da D.O Ribeiro
OURO GRANDE
- Juan Míguez El Godello 2023 de Bodegas O Ventosela
- Ramón do Casar Nobre 2023 de Ramón do Casar
- Ramón do Casar Godello Barrica 2023 de Ramón do Casar
OURO
- Terra do Castelo 2023 de Viñas e Adegas Galegas
- Mónica Albor Treixadura 2023 de Mónica Albor López
- A Telleira Godello 2023 de Bodegas Campante
- Mourama Ribeiro de Adega Pazo do Mar
- Flor de Elisa 2022 de Adega Dona Elisa
- O Cotarelo 2023 de Benigno Ríos Mosquera
- Ramón do Casar Varietal 2023 de Ramón do Casar
- Adeus 2023 de Bodegas Campante
- Gran Leiriña 2023 de Bodegas O Ventosela
- A Canción de Elisa 2023 de Adega Dona Elisa
- Catro Parroquias Treixadura 2023 de Bodegas Loeda
PRATA
- Barrica O Cotarelo 2022 de Benigno Ríos Mosquera
- Ramón do Casar Treixadura 2023 de Ramón do Casar
- Viña Leiriña varietal 2023 de Bodegas O Ventosela
- Tear dos Dodi 2022 de Diego Doniz Diéguez