Alumnos e alumnas da Facultade de Dereito do Campus de Ourense coñecen o funcionamento interno da Deputación

Rerepción Marta Novoa (VicePresienta da Deputación Ourense) a alumnos do Campus de Ourense da facltade de Dereito, acompañada tamén de Mónica Legaspi e Adamantino Barreiro García (Interventora e Secretario da Deputación Ourense, respectivamente) e de Jaime Pintos (Mestre do Campus de Ourense da facultade de Dereito).
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Alumnos e alumnas de Dereito Constitucional II que están cursando o grao de Dereito no Campus de Ourense, visitaron esta mañá a Deputación de Ourense para coñecer o funcionamento interno, desde o punto de vista técnico, da institución provincial.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Foron recibidos pola vicepresidenta primeira, Marta Nóvoa, quen lles deu a benvida e explicoulles que “aparte do lado político, o traballo diario da Deputación é moi técnico, con asistencia permanente aos concellos da provincia e con iniciativas moi intensas como proxectos europeos e convenios con outras administracións”.

Acompañados polo seu profesor e tamén funcionario provincial, Jaime Antonio Pintos Pérez; tamén participaron no encontro a interventora e o vicesecretario da Deputación, Mónica Legazpi e Adamantino Barreiro, respectivamente, quenes solventaron todas as dúbidas que lles prantexaron os alumnos e alumnas desde o punto de vista técnico e de funcionamento interno da institución provincial.