Espazo Común leva a pleno unha moción para garantir un maior control sobre as obras municipais e o seu resultado

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Despois de millóns de euros investidos en asfalto e arranxos dubidosos, os resultados, nos máis dos casos, son desastrosos.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A contratación dun Técnico de Obras e Medio Ambiente sería a mellor solución para paliar esta problemática.

                                                                         O Carballiño,  23 de abril de 2023.

A continuación adxuntamos o contido de dita moción:

A partida adicada ás obras é, con moita diferencia, a máis sustanciosa dentro dos orzamentos destes últimos anos no Concello do Carballiño.

Unha moi elevada cantidade do remanente ou aforro co que contaba esta institución hai apenas uns anos rematou transformada en asfalto.

Sen embargo, a sensación de que moitas das inversións anunciadas non se corresponden co resultado final obtido está instalada en moitos veciños do pobo que observan como ao pouco de rematadas, os problemas subxacentes por erros ou defectos son constantes.

Podemos poñer dous exemplos moi evidentes:

  1. A rúa Aquilino Sánchez que segue a afundirse e xerar gran cantidade de molestias aos veciños despois de incontables promesas e arranxos deficientes.
  2. O Estadio Municipal de Espiñedo, onde a pesares das sucesivas intervencións se segue a apreciar un aspecto deplorable que lastra a imaxe do Carballiño domingo tras domingo nas retransmisións televisivas.

Sorprende moito a lixeireza coa que se recepcionan algunhas obras, con chamativas eivas e sorprende áinda mías a escaseza de control durante o tempo no que se desenvolve o traballo das diferentes empresas.

Estamos ante outras desas cuestións nas que a xestión do goberno socialista do señor Fumega non tén nin pés nin cabeza pois dende o ano 2018 existe na Relación de Postos de Traballo (RPT) a praza de Técnico de Obras e Medio Ambiente, unha figura clave para exercer todas estas funcións de control que garantan a optimización dos recursos municipais e a correcta execución das obras antes da súa recepción e pagamento.

Este estratéxico posto foi suprimido por Argimiro Marnotes durante o seu mandato e nunca foi recuperado nos 9 anos de Francisco Fumega como alcalde, quen semella preferir encargarse persoalmente do trato cos adxudicatarios.

Á vista está que con escaso éxito.

Visto todo o anteriormente comentado,

                                                                  SOLICITAMOS

  1. A contratación inmediata do Técnico de Obras e Medio Ambiente que exerza estas funcións de control con seriedade e independencia.
  2. O compromiso dun maior rigor na xestión dos cartos públicos e dun moito máis eficaz control das obras municipais.