A plataforma cidadá Queremos Galego fai un chamamento á sociedade galega para mobilizarse o vindeiro 17 de maio

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A plataforma cidadá Queremos Galego fai un chamamento á sociedade galega para mobilizarse o vindeiro 17 de maio ás 12:00h en Santiago de Compostela en defensa da lingua.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

En setembro de 2024 faranse 20 anos da aprobación por unanimidade parlamentar do Plan Xeral de Normalización da lingua galega. Elaborado coa participación de máis de 1000 persoas de todos os ámbitos, con 400 accións e medidas concretas en cada un deles, non só non se desenvolveu senón que se produciron importantes retrocesos.

Por unha Galiza viva, activa e consciente das súas capacidades, precisamos dun goberno realmente comprometido coa súa obriga de promover o uso, presenza e disposición do idioma, cun galego vivo.

É hora dos gobernos asumiren a súa responsabilidade legal e moral co idioma, a comezar pola Xunta de Galiza, e acompañar á sociedade que actúa e se mobiliza día a día para termos o galego vivo, Galiza viva.