As e os socialistas quixeron aproveitar a homenaxe para reivindicar a súa labor ao fronte da subdelegación e a súa xestión, especialmente durante os momentos máis duros da pandemia da COVID-19
Villarino fixo fincapé fixo fincapé “nos anos de entrega a vida política e municipal de Emilio González, tanto como alcalde de Verín, como subdelegado do Goberno”
“O vindeiro 9 de xuño podemos decidir que Europa queremos, a dos avances ou a dos retrocesos”, salientou Lorena Guerra, que tamén agradeceu a Emilio a súa tarefa ao fronte da subdelegación
Emilio González subliñou que a subdelegación “foi unha institución aberta á cidadanía de toda a provincia durante a pandemia, cun Goberno que se preocupou por atender á cidadanía”
Verín, 31 de maio de 2024. O PSdeG-PSOE de Ourense vén de celebrar unha homenaxe o quen foi ata hai unhas semanas subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso. As e os socialistas quixeron aproveitar a homenaxe para reivindicar a súa labor ao fronte da subdelegación e a súa xestión, especialmente durante os momentos máis duros da pandemia da COVID-19.
Foi un acto multitudinario que contou con máis dun cento de persoas chegados de diferentes puntos da bisbarra e da provincia, que non quixeron perderse a homenaxe. Marina Vaz foi a encargada de dar paso as persoas a cargo de intervir como foron Lorena Guerra, candidata do PSdeG-PSOE de Ourense ao Parlamento Europeo; Gerardo Seoane, alcalde de Verín; Rafa Villarino, secretario provincial e por último o ex subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso.
O secretario provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, Rafael Rodríguez Villarino, aproveitou a súa intervención para agradecer “o traballo de Emilio en favor de Ourense”. Neste senso, o líder dos socialistas ourensáns tamén fixo fincapé “nos anos de entrega a vida política e municipal de Emilio González, tanto como alcalde de Verín, como subdelegado do Goberno”, sinalando neste último caso que “sempre pendente, a pesar das dificultades que supón conxugar a vida no plano institucional coa obriga de mudar a política”.
Villarino tamén destacou a “labor impecable, o carácter e a bonhomía recoñecidas por todo o mundo, así como o seus sabes estar e a súa implicación política e institucional”. Neste último punto, o senador subliñou a implicación na pandemia apuntando que “foi Emilio o que mobilizou a UME, nun momento en que a residencia de maiores de Celanova afrontaba unha grave emerxencia con ducias de infectados pola COVID e gracias a súa rápida actuación, a UME foi quen de colaborar en mitigar as consecuencias”.
Pola súa banda a candidata ao Parlamento Europeo por Ourense, Lorena Guerra Vigo, sinalou en referencia ao ex subdelegado que “tocoulle ser o representante nun momento histórico e no que respondeu de maneira impecable”. Tamén apuntou sobre a pandemia que “foi neses momentos tan duros cando o Goberno de España, presidido por Pedro Sánchez, puxo no centro ás persoas e incorporou toda unha serie de medidas para lograr que ninguén quedase atrás”.
“O vindeiro 9 de xuño podemos decidir que Europa queremos, a dos avances ou a dos retrocesos”, apuntou a candidata socialista por Ourense antes de afirmar que “queremos unha Europa máis igualitaria, máis social, máis sostible e verde, que poña que poña fin á violencia de xénero e a calquera forma de discriminación, que impulse o crecemento económico e a dixitalización da nosa economía, que fomente a innovación e a ciencia, polo que invítovos a que o domingo, 9 de xuño enchamos as urnas de votos”.
O acto rematou coa intervención do ex subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso, quen quixo agradecer a todos os presentes as mostras de cariño recibidas ao longo dos últimos días, tras confirmarse a súa xubilación. Fixo fincapé na labor do Goberno nos “momentos máis difíciles da pandemia”, resaltando que a subdelegación “foi unha institución aberta á cidadanía de toda a provincia e nun primeiro momento tratabamos de salvar ao maior número de persoas”. Neste senso tamén apuntou que “puxémonos ao fronte dende o primeiro día para coordinar tódolos recursos ao noso alcance para loitar contra a pandemia”.
González Afonso explicou tamén os diferentes casos de colaboración e coordinación xurdidos entón “axudamos aos xeriátricos, a labores de desinfección, mobilizamos a UME, repartimos mascarillas, fixemos controis de illamento territoriais e puxemos en marcha o primeiro Cecor organizado en Galicia”. Tamén apuntou que “fomos un referente no traballo fronteirizo e non coidado sen descanso dos cidadáns e despois tamén puxemos en marcha proxectos para apoiar ao tecido empresarial, mantendo o emprego a través dos Ertes”.
Durante o seu mandato, a subdelegación obtivo o recoñecemento de Cetificado de Excelencia pola súa xestión e atención.
A deputada provincial, Marina Vaz Quintillán, destacou durante a súa intervención que o acto tiña un dobre obxectivo “unir forzas de cara as eleccións europeas e homenaxear a unha persoa comprometida coa ética e os valores socialistas como é Emilio”.
Repartos informativos no Carballiño e Verín
A xornada de campaña electoral tamén levou ao PSdeG-PSOE de Ourense ao Carballiño, onde participaron nun reparto informativo polas rúas da vila, aproveitando o día de feira. As e os socialistas coa candidata ao Parlamento Europeo por Ourense, Lorena Guerra, estiveron acompañados con representantes do goberno municipal e por cargos orgánicos do partido e aproveitaron para trasladarlle á cidadanía o modelo e proxecto do PSOE para a vila e comarca dende Europa.
Antes da homenaxe a Emilio González Afonso, as e os socialistas tamén realizaron un reparto polas rúas de Verín.