O Psoe de Ourense pon en valor as iniciativas relacionadas co coidado do medio ambiente para conseguir unha europa e unha ourense “máis verde e sostible”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A candidata do PSdeG-PSOE de Ourense ao Parlamento Europeo, Lorena Guerra Vigo, visitou na compaña do presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, José Antonio Quiroga, o río Barbaña ao seu paso por Ourense

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Lorena Guerra, fai un chamamento a participar o 9 de xuño nas eleccións europeas para “construír unha axenda verde en Europa co selo do PSOE e cun corazón vermello”

O PSdeG-PSOE de Ourense continúa coa campaña electoral de cara as vindeiras eleccións europeas que se celebrarán o domingo 9 de xuño. As e os socialistas aproveitaron a xornada para pór en valor as iniciativas relacionadas co coidado do medio ambiente para conseguir unha Europa e unha Ourense “máis verde e sostible”.

A candidata do PSdeG-PSOE de Ourense ao Parlamento Europeo, Lorena Guerra Vigo, visitou na compaña do presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, José Antonio Quiroga, o río Barbaña ao seu paso por Ourense. Ambos aproveitaron para subliñar o compromiso do Goberno no saneamento do río Barbaña, un proxecto que conta con varias fases e que suporá “un dos maiores investimentos en materia de medio ambiente na provincia de Ourense para que o Barbaña acade un bo estado ecolóxico e químico nas súas augas”.

O PSOE considera imprescindible que Europa “siga apostando por iniciativas enfocadas a mellorar o medio ambiente para acadar unha UE máis verde e sostible”. Neste senso, as e os socialistas impulsarán unha Lei de Adaptación ao cambio climático que “anticipe e minimice os danos e aproveite as oportunidades que as medidas de resiliencia climática poden traer”. Tamén impulsarán a aprobación definitiva no Consello e o seu apoio ao Regulamento de Restauración da Natureza e que o próximo Marco Financieiro Plurianual inclúa que “o 50% dos recursos necesarios para polo en funcionamento, sexan europeos”.

A candidata socialista por Ourense, Lorena Guerra, fai un chamamento a participar o 9 de xuño nas eleccións europeas para “construír unha axenda verde en Europa co selo do PSOE e cun corazón vermello”. Considera que Europa precisa “dun pacto que estea á vangarda da defensa do medio ambiente, do aire que respiramos, de recursos como a auga, fundamental para a vida, o do coidado da biodiversidade” e alertou que “un posible triunfo da dereita pon en risco o seu desenvolvemento”.

Repartos informativos en Pereiro de Aguiar e Toén

A xornada electoral tamén se desenvolveu noutros núcleos da provincia, como Pereiro de Aguiar e Toén, onde se realizaron varios repartos de material informativo e as e os socialistas aproveitaron para trasladarlle á veciñanza todos os proxectos que o PSOE ten pensado executar dende o Parlamento Europeo.