Avantar celebra os 50 anos cunha gala con actuacións de asociacións culturais da vila

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A agrupación Cultural Avantar cumpre 50 anos. En 1974, un pequeno grupo de mozos cheos de inquedanzas botou a andar un proxecto co obxectivo de saber máis do mundo no que vivían. Disto pasou xa medio século, polo que pasaron moitas persoas por este grupo deixando a súa pegada. A asociación quere celebralo facendo unha gala, que será este sábado, ás 20:30 horas, no auditorio municipal Manuel María.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A actriz Josi Lage conducirá a gala, que contará coa música de Isidro Vidal, Gabi Reboredo, Roberto Sobrado e Leo de Matamá. Contarán coas agrupacións culturais da vila que participarán con creacións de homenaxe e porán en marcha a entrega dun galardón Ernesto Atanasio “O Corcheiro”.