Ribadavia activará un plan estratéxico con nove áreas para mellorar a súa aposta turística

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O concello de Ribadavia presentou hoxe a súa folla de ruta turística para os anos 2024-2029. O alcalde, César Fernández, destacou que esta estratexia pretende que o municipio medre aínda máis. É un plan ambicioso que quere contar coa participación para a toma de decisións con todos os sectores públicos e privados.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Encargaron a unha consultoría especializada en turismo un análise sobre a situación actual, a busca das oportunidades e un plan de acción para mellorar e gañar visibilidade. Ese plan recolle nove áreas de acción que se deberán traballar en conxunto.

Este plan terá unha serie de obxectivos como estar nas principais páxinas de recursos turísticos, mellora da presenza web, oferta dun produto atractivo. O obxectivo final desta planificación é posicionarse como un destino turístico líder na provincia, que mellore o que ofrece e o que ten para ser un foco de turismo de importancia. Os focos que consideran esenciais para o desenvolvemento son a cultura, o viño o termalismo e a gastronomía.

O Plan componse de 4 eixos estratéxicos e 31 actuacións que contribuirán ao desenvolvemento turístico e ao posicionamento do concello como destino turístico.

Este municipio de Ourense, situado entre los ríos Avía y Miño, dispone de una gran tradición y cultura enológica, albergando el Museo del Vino de Galicia, la Sede de la DO Ribeiro y la Ruta del Vino Ribeiro, confiriéndole un gran potencial como destino enoturístico, a ello se le une un amplio legado cultural y patrimonial, confiriéndole al municipio un gran potencial turístico.

Dentro das actuacións plantexadas na estratexia inclúense accións como:

  • O impulso do produto Enoturístico
  • Plan de emprendemento e aceleración empresarial
  • Programa de creación de experiencias e produtos
  • Proxecto de mellora da oferta comercial do casco antigo
  • Plan de márketing e promoción
  • Plan de mellora do patrimonio cultural
  • Potenciación do Camiño Miñoto
  • Plan de sinalización turística