Maside programa actividades para o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero (25N

O Concello de Maside leva a traballar na promoción da igualdade de xénero e contra as violencias machistas dende fai anos. Dende o grupo de goberno considérase imprescindible o traballo neste eido de maneira trasversal en tódolas áreas que abarca o traballo municipal, é por elo que quere darlle visibilidade a ese traballo agora que se acerca o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero (25N), para que toda a poboación se faga eco da labor desenvolta ata o de agora.

O Concello de Maside comezará a semana estreando un novo sistema de alumeado led na fachada do edificio consistorial que permite que o edificio do concello adquira unha cor morada para conmemorar o 25N.

AVANTAR ACTIVIDADES

O luns día 23 de novembro o Concello de Maside organiza unas funcións “Entre Mulleres  Anda  o  Xogo”,  para  nenos  e  nenas  de  Educación  Infantil  e  Educación Primaria do CPI Terras de Maside onde se traballarán os valores da Igualdade e a Non Violencia contra as Mulleres.

O Concello de Maside ven de por en marcha unha campaña de promoción da Igualdade e  Contra  a  Violencia  de  Xénero:  Maside   Libre  de  Violencias   Machistas   en colaboración cos distintos negocios, comercios, do municipio. Elaborouse un logo que pretende ser a imaxe de Maside na loita contra a Violencia Machista. Este logo foi impreso en pegatinas que se entregarán ó longo dos vindeiros días a tódolos negocios do municipio para que estes a luzan nos escaparates. Así tamén se elaboraron bolsas co mesmo  logotipo  para  entregar  a  tódolos  comercios  e  que  as  repartan  entre  a  súa clientela, estas tamén estarán a disposición de calquera cidadán interesado nas oficinas dos Servizos Sociais a onde poderán dirixirse para solicitar a súa.

Outra   das   actuacións   emprendidas   foi   a   edición   dun   video   promocional   coa colaboración das mulleres do municipio, onde as protagonistas son veciñas do concello. Elas son as que ante situacións de maltrato, violencia contra as mulleres ou cativos levantan a súa voz #EuTamenDouACara. Este esperamos sexa o primeiro dunha serie de spots que promocionen a Igualdade e a Non Violencia contra as Mulleres onde os protagonistas sexan os nosos veciños/as, onde eles se sintan participes das actuacións que neste eido se poñen en marcha.

Todas estas actuacións contan coa colaboración da Secretaría Xeral da Igualdade en desenvolvemento do Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero.

Por ultimo, o vindeiro mércores, coincidindo coa celebración do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, celebrarase un pleno no cal o grupo de goberno presenta unha moción onde “a violencia de xénero non ten cabida na sociedade que aspiramos a ser,  nin  na  democracia  que  queremos  consolidar”.  Entre os  puntos  desta  moción recollese “a  importancia  de chegar  a todas esas mulleres que viven no rural  e son maiores, son moi vulnerables e queremos facerlles saber que non están soas, que nos teñen aquí para o que precisen, …. que estamos aquí para elas…”